Burela 1-8-16. Este domingo día 7, a Asociación Pasada das Cabras de Burela, invitados pola Asociación Terras de Lourenzá, vai facer a Ruta de Espiñeira a Cazolga (Lourenzá), de 12 quilómetros e dificultade meida-baixa. Percorrido que permite disfrutar do curso do Río Masma dende a ría ata o entorno privelixiado da Área Recreativa da Cazolga.
O prezo para os socios é de 10 € e de 15 para os que non o son, inclúe autobús + comida. A saída será ás 9 da mañá da Estación de Autobuses de Burela.
Ao rematar a camiñata disfrutarase dunha boa churrascada na Área Recreativa da Cazolga, preparada pola xente de Terras de Lourenzá, con música, xogos…
Para poder asistir é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben no teléfono: 982 580 504, antes do xoves día 4 ás 14,00 h.