Non é certo que eu dixese que os rapaces de Burela que tiveron o altercado no aparcamento de San Martiño cunha pandilla de Lugo fosen os mesmos que levan un ano amedrentando e ameazando aos rapaces de Foz, polo que non hai confusión algunha, polo menos pola miña parte.
É certo que esa pandilla de rapaces que queremos denunciar si estiveron esa noite en San Martiño molestando e desfacendo algún campamento de rapaces na zona de acampada. Tamén é certo que eses mesmos que denunciei publicamente estiveron en Foz fai unhas semanas e agrediron a un hostaleiro e logo aos axentes que acudiron ao lugar de copas de Foz, tal e como se puido contrastar coa testemuña agredida.
É certo que a maioría son de Burela e de orixe caboverdiana aínda que se lles xunta algún outro máis e incluso se suman ás veces algúns rapaces de Foz.
Non é certo que as miñas declaracións teñan intención de afectar a ningún colectivo nin poboación concreta e si era a idea identificar a estes rapaces para que non houbese confusión ningunha e pagasen xustos por pecadores.
Polo tanto espero que quede todo aclarado e que non se poñan na miña persoa palabras ou pensamentos que nada teñen que ver coa realidade nin confusións doutros que non saíron da miña boca.
Entre Foz e Burela sempre houbo unha rivalidade sa e deportiva, que non ten nada que ver con este asunto; e dio unha persoa que viviu dende o deporte estupendos derbis de fútbol e ten grandes amigos no concello veciño, froito precisamente desa rivalidade. Aqueles que mesturan churras con merinas é posible que non coñezan este sentimento amigo porque simplemente non o viviron de cerca. A falta de civismo e a mala educación non entende de razas nin de pobos, simplemente é falta de educación e aí é onde debemos estar todos xuntos para que cambien de actitude.
Se alguén se puido sentir ofendido nestes últimos días, sobre todo pola cantidade de informacións pouco fundamentadas, que saiba que a miña intención non foi esta, ao contrario, foi sempre e será tentar buscar solución a un problema que leva mais de un ano de percorrido e ata agora non se conseguiu.
É posible que o ton non gustase a todo o mundo, pero é certo, como dicía algún periodista nun medio, que se non nos poñemos serios é posible que o problema siga e que algún se sinta máis protagonista e continúe campando ás súas anchas aló por onde vai; e iso non é o máis desexado nin para Foz nin para Burela.
Con isto remato con este asunto, coa esperanza de que a normalidade sexa o único que nos mova a representantes públicos e veciños en xeral.
Unha forte aperta.
Javier Jorge Castiñeira (alcalde de Foz).




















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



