Viveiro 5-8-16. O pentatleta internacional vivariense e triplo medallista continental, Cristobal Rodriguez, que se atopa xa desde hai uns vinte días de descanso, non para de recibir boas novas, esta vez tras publicarse esta semana o “Ránking Galego de Espada Elite Absoluto” do que resultou vencedor tras a suma por parte do ente Federativo dos puntos obtidos nas competicións que conta para o devandito ránking.
Rodriguez venceu cun total de 88 puntos, ocupando a segunda praza Manuel Villadoniga con 76 e Iago Garcia a terceira con 69 o que configura un podio monocromo a favor do equipo “A BANCA”.
Cristobal recibía a nova na localidade de Barreiros onde adoita pasar o verán a súa familia e coas maletas preparadas para marchar o dia 10 de agosto rumbo a Río de Janeiro, aínda que quedou a dúas prazas dos xogos, a Internacional e o Equipo Nacional de Brasil facilitaron ao pentatleta mariñán unha invitación para velos en primeira liña e onde aproveitase para presentar unha liña propia de material técnico de esgrima.
Cristobal Rodriguez comentaba que despues de falar estes dias cos seus adestradores recomendáronlle un descanso activo para en setembro reiniciar o vindeiro ciclo coas pilas recargadas.
UN TEMPADA QUE NON FOI MALA A PESARES DE QUEDAR A DÚAS PRAZAS DOS XOGOS DE BRASIL.
Cristobal Rodriguez conquistou esta tempada os Titulos de Campión de España de Laser Run e Triatle, Foi Cuarto na Copa do mundo de Hungria, Finalista no Cairo e Finalista no Campionato do Mundo Elite Absoluto, Prata no Open de España, e Bronce no Open de Portugal, todo isto na modalidade de Pentatlón Moderno.
En esgrima esta tempada gañou a liga nacional co seu clube, foi terceiro no Memorial internacional Santiago Bescansa, gañou o Campionato Galego Elite Absoluto de Espada e agora o Ránking.






















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
