A Deputación aposta pola música alternativa, apoiando ao Festival Osa do Mar que se celebra dende este xoves e ata o sábado no Concello de Burela. Así o comunicou o Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, que explicou que o organismo provincial achega 3.000 euros para financiar parte das actividades que terán lugar durante a fin de semana en Burela. Esta terceira edición Osa do Mar 2016, organizado pola Asociación Cultural Fanto Fantini, conta cun cartel composto por máis de 20 bandas nacionais de música independente e alternativa de primeiro nivel.
Rivera Capón puxo en valor a importancia deste tipo de iniciativas que nacen de asociación locais e que contribúen a promover de xeito significativo o turismo na Comarca da Mariña, ao mesmo tempo que se ofrecen, durante a época estival, actividades lúdico-culturais alternativas de primeiro nivel.
Ademais da música, durante a fin de semana ofreceranse actividades deportivas, como o campionato de BMX, Skate e Longboard; e outras culturais, con talleres e xogos para nenos e nenas. Tamén haberá actividades no mar, exposición de motos e coches antigos e ata grafitis.
Programación
A programación comeza este xoves cos grupos Terror Erótico Adolescente, Oh! Ayatollah, Onnlbn DJ Set. Para o venres esta previsto que actúen Mujeres, Bala, Cuello, Agoraphobia, Onnlbn, Bravo Fisher!. O último día actuarán, Nave Nodriza, Fogbound, White Bats, Electric Feels, Pega Monstro, Malandrómeda, Biznaga, Familia Caamagno, Guerrera, C. Tangana, Joe Crepúsculo.
Para ver os concertos están habilitados diferentes escenarios ao longo da vila; escenario Nordés, Osa do Mar e Traste, situados ao longo do paseo marítimo e na Marosa; onde se ubicara o escenario principal.
Entradas
As entradas anticipadas custan 15 euros e 18 euros en taquilla, e poden adquirirse en www.osadomar.com. No prezo inclúense diferentes servizos, como transporte Burela – Campus Festival, campamento libre con duchas e baños, sala de cea, exposicións e ata ofertas especiais en hoteis colaboradores.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



