Os bos resultados dos candidatos de Podemos Galicia nas primarias do partido En Marea nas circunscricións coruñesa e pontevedresa non poden agachar o curtopracismo e esterilidade da reacción podemita, motivada pola incomodidade xerada en amplos sectores de Podemos Galicia pola renuncia de Pablo Iglesias á coalición ( aceptando diluirse na Maré) e coordinada por un Echenique que demostra día a día a súa incapacidade para tender pontes e suturar feridas.
Podemos Galicia incorporouse cun censo amplo, dos que votaron case 4000 dos 10.143 votantes totais. Este voto dividiuse en só dúas candidaturas, a oficialista de Carmen Santos e a crítica. Na Coruña concorrían outras catro, en Pontevedra outras sete, mentres que en Lugo e Ourense só cadansúas tres. O sistema de primarias escollido é moi proporcional, mais agasalla aos votados nos primeiros lugares (o voto ao nº un val un, ao nº dous medio, ao número tres un terzo e así cara atrás). Velaí como con non moitos sufraxios os candidatos podemitas aproveitaron esta pluralidade no seu propio beneficio, xa que os seus adherentes votaron en bloque a algunha das súas dúas candidaturas. A concentración das opcións galeguistas e municipalistas en Lugo e Ourense, porén, non lles deixou opción nestas dúas circunscricións.
Agora ben, a reacción podemita é de pouco percorrido. Os galeguistas e municipalistas teñen o candidato á Presidencia da Xunta, manteñen o control da Coordinadora (equivalente á Executiva) do partido, a maioría dos adheridos e han redactar o programa. O proxecto galego de En Marea, certamente diferente ao de Podemos, será o que sobrancee de hoxe en diante. Asemade, Podemos Galicia-que pode achegar até un terzo dos futuros deputados-, está de feito escindido en dúas sensibilidades que moi difícilmente poderán construir xuntas.
O que non quita para que, no suposto dun resultado que non permita darlle o relevo a Núñez Feijóo, non vaian abrollar intensamente estas diferenzas, que nacen da existencia de dous proxectos diferentes. E tampouco quita para, xa postos, ir matinando no futuro algunha caste de pequenas correccións técnicas a un sistema de primarias que semella privilexiar de máis aos que participan agresivamente en clave competitiva, mesmo en prexuizo da pluralidade real.



















Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



