Un grupo dunhas 50 persoas dispostas a completar a 8ª etapa do Camiño Norte saían dende Burela rumbo ao albergue de Miraz dende onde partiron despois de despexarse cun café. O percorrido comezaba andando 11 km por unha pequena subida e chan de pedra/terra onde se alternaban piñeiros e breixos con espazos abertos. A escaseza de dificultade, pouco desnivel e moito asfalto, fixo que remataran o percorrido no albergue de Roxica en pouco máis de 2 horas baixo un día de sol e algo de nubes e unha temperatura suave para a época -condicións ideais para “patear”-. Ao mediodía achegáronse a Parga a comer ao Campo da Feira ás beiras do río Parga onde tamén se celebraban as festas. Aproveitaron, pois, para baila na sesión vermú antes de tomar o camiño de volta a Burela.






















A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



