Lugo, 23 de agosto de 2016.- O grupo provincial do PP esíxelle ao presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, que convoque “dunha vez por todas” a reunión da Xunta Xeral da Sociedade Urbanística Provincial de Lugo (Suplusa) para ratificar “de forma definitiva as modificacións dos estatutos propostas polo PP e que xa foron aprobadas polo Consello de Administración o pasado 28 de xullo”. Os populares non descartan emprender accións xudiciais se o presidente provincial mantén a mesma actitude.
A voceira popular, Elena Candia, rexistrou o pasado día 5 de agosto un escrito para axilizar esta convocatoria e lamentou “que aínda non se obtivese resposta algunha por parte do organismo provincial”. Candia lembrou que dende a celebración do Consello de Administración o pasado día 28 de xullo, onde se aprobou esta modificación estatutaria e se estableceron 20 días naturais para a celebración da reunión da Xunta Xeral, polo que a reunión tería que ser convocada antes do día 13 de agosto”.
A popular critica que “o presidente provincial demostre de novo a súa pasividade coa provincia, incumpra os acordos do consello de administración e siga dilatando o bloqueo ao que ten sometida a Suplusa e a toda a sociedade lucense ao esgotar os prazos legalmente establecidos”.
A voceira lembrou que na modificación dos estatutos, proposta polo PP, inclúense avances tan importantes como a modificación do obxecto social da Sociedade “para que esta sexa recoñecida como prestadora de servizos sociais, tales como a posta en marcha das residencias para a atención de persoas da terceira idade, que coa redacción actual non era legalmente posible”.
Candia lamenta que “a esta institución só lle interesen as residencias cando poden empregalas como arma de batalla contra a Xunta, pero non lles preocupan cando teñen que adoptar decisións para poñelas en marcha”. “É imprescindible unha modificacións estatutaria de Suplusa para poder xestionar as residencias. Pois a pesar que a Sociedade nace hai anos, non foron quen aínda de inscribila como entidade prestadora de servizos sociais”.
“Esta modificación estatutaria proposta polo PP adáptase os estatutos á normativa de servizos sociais e permite que Suplusa xestione as residencias que están xa en marcha como a de Castroverde ou da Fonsagrada, que son as que están máis avanzadas”, engade.
Cambios que introduce a modificación dos estatutos
Deste xeito, na nova redacción do artigo 2 do estatutos inclúese que “a Sociedade terá como obxecto a realización de actividade ligadas ao ámbito social sempre que se trate de prestacións, programas e servizos de carácter social, entendendo este como todas as prestacións, programas e equipos destinados a garantir a igualdade de oportunidades no acceso á calidade de vida e a participación social de toda a poboación galega”.
A popular avanzou tamén que se modifican os artigos 13 e 15 referidos ao Consello de Administración para que o mesmo se adapte á proporcionalidade do pleno. Os populares propoñen, ademais, que o presidente e o vicepresidente sexan elixidos polo propio consello de administración, entre os seus membros e por maioría absoluta. Ademais outórgaselle ao presidente a potestade de “adoptar cantas medidas sexan precisas para garantir o cumprimento das obrigas legais de transparencia e bo goberno”.
Co fin de garantir a obxectividade e bo funcionamento da Sociedade tamén se cambia quen ostenta a competencia para nomear xerente. “Antes podía nomealo o propio presidente e agora será o propio Consello de Administración”, resume a popular.




















A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



