As VI Xornadas “Memoria dun tempo” que organiza Nordés dende o ano 2011 sin interrupción, se ben estas primeiras programáronse en outubro da mán do colectivo “Memoria e dignidade”, organización precursora da actual, desenvolveranse entre o 25 e o 27 de agosto no Barqueiro.
Dende esa data, e nas xornadas que seguiron, a asociación plantexouse conseguires que a divulgación dos contidos históricos, que son o seu argumento e obxectivo, foran variados de tal xeito que seducisen a un público que, polo de agora, responde ben enchendo os locais onde se celebran os actos.
Así, non soio as conferencias teñen cabida nos programas das xornadas. Tamén a proxección de documentais, os roteiros didácticos, a presentación de libros, os xantares de irmandade e o debate aberto son habituais nas programacións, ó cal engádese este ano a recuperación da memoria por medio do recital poético, ainda que non é a primeira vez que a poesía está presente, pois nos actos de homenaxe a republicanos e libertarios que se celebran a carón do monolito ós represaliados na Ponte Vella do Barqueiro os poemas alusivos adquiren toda a súa forza expresiva nas bocas das persoas participantes.
Para Nordés é unha honra contar coa aportación e presenza de figuras senlleiras da cultura galega unha edición tras outra, do cal pode ser exemplo a participación este ano de Carme Blanco, profesora da Universidade de Santiago, ademáis de escritora en prosa e verso; Miro Casabella, músico de longa traxectoria e recoñecemento, que tanta importancia ten dentro da canción de autor en galego; Claudio Rodríguez Fer, poeta, dramaturgo, ensaísta, catedrático na Universidade de Santiago, con recoñecementos coma o Premio da Crítica Española, o Premio Losada Diéguez (en dúas ocasións) e moitas máis distincións académicas e sociais.
E por último quen abrirá as xornadas este xoves ás 20:30 horas no salón de actos da Casa do Concello de Mañón, na Praza do Mesón de O Barqueiro: Julio Prada Rodríguez, profesor titular de Historia Contemporánea na Universidade de Vigo, autor prolífico e experto no estudo do período da II República, a ditadura e a Transición en Galiza, que presentará o seu traballo impreso: “Marcharon con todo. La represión económica en Galicia durante el primer franquismo”.
Decir que para o venres 26 contaremos coa mencionada Carme Blanco e tamén con Claudio Rodríguez Fer, á mesma hora no mesmo sitio que o anterior, cunha mestura de conferencia e recital poético baixo o título de “Vivas en nós. Memoria de mulleres libres e vida liberada fronte á ditadura”.
O sábado 27 será o día da homenaxe a republicanos e libertarios na Ponte Vella ás 13:00 horas, cun xantar posterior ó que hai que apuntarse no 653756454 (Ricardo) por estar as prazas limitadas a 25 (o menú son 20€ por persoa). Seguirá a proxección do documental de Xosé Abad “A pegada dos avós”, recomendabel para tódolos públicos, e de especial interese para a comunidade educativa, tanto alumnado coma profesorado de Secundaria Obrigatoria e Bacharelato. O peche das xornadas virá da mán das voces e guitarras de Miro Casabella e Andrés Rodríguez, sendo nesta ocasión no novo local do “Bar Queiro” a partires das 23:00 horas.






















O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



