Mondoñedo, 24 de agosto de 2016.- A alcaldesa de Mondoñedo, a popular Elena Candia, anuncia que os Orzamentos do Concello para o ano 2017 recollerán unha partida para conceder unha axuda económica para os nacementos que se produzan na localidade. Así o proporá ao Pleno que celebre a Corporación o vindeiro venres a través dunha moción para a posta en marcha dun plan de acción para o fomento da natalidade e para loitar contra a despoboación no Concello de Mondoñedo mediante axudas directas e servizos de conciliación.
A iniciativa do equipo de Goberno propón ademais que se poña en marcha por parte do Concello de Mondoñedo un plan de activación de empadroamentos dirixido, en primeiro lugar, a aquelas persoas que traballan na localidade pero seguen empadroadas nos seus lugares de orixe.
Ao mesmo tempo, poranse en marcha máis servizos de conciliación, como o servizo de madrugadores, así como medidas de apoio para a atención de nenos e maiores. Por último, o Goberno local pretende que se revisen as ordenanzas que recollen tributos locais para que, respectando o plan de axuste do Concello, se aproben bonificacións para as familias numerosas, así como o estudo da posta en marcha dunha liña de axudas para estas familias.
Unha estratexia global
A rexedora explica que o envellecemento da sociedade galega, o despoboamento de moitas zonas e a baixa natalidade “son seguramente o problema máis importante dos que afecta a Galicia”; unha problemática á que Mondoñedo non é allea, polo que a administración local debe por o seu grao de area para investir esta tendencia”.
Candia explica que as axudas á natalidade “non deben quedar nunha achega económica ás familias, unha axuda puntual, senón que debe formar parte dunha estratexia global”. Así, o Goberno que encabeza aposta por liderar unha política activa para gañar poboación a través do incremento dos empadroamentos, pero sobre todo sumando veciños e veciñas que vivan na nosa cidade.
A alcaldesa asegura que o Concello ofrece os servizos para que así sexa, tales como Escola Infantil, CEIP, Escola de Musica, IES, PAC. “Un lugar cómodo para vivir cos nenos e coa xente maior. Unha cidade tranquila, e segura”, conclúe.






















Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



