Burela, 2 de setembro de 2016. O vindeiro luns, 5 de setembro, ábrese o prazo para matricularse na Escola Municipal de Música de Burela nas prazas que quedaron vacantes en xuño en banda e corda fretada.
Desde a dirección do centro indican que “os interesados poderán matricularse nas prazas que quedaron vacantes do período de matriculación que houbo durante o pasado mes de xuño e que pertencen ás especialidades de banda e corda fretada”.
O director da Escola Municipal de Música de Burela, Xan Carballal, sinalou que “como novidade para este curso a Escola de Música de Burela ten previsto contar a maiores con profesorado nas especialidades de canto e saxofón e contratación de novo profesorado en percusión e canto”.
Xan Carballal engadiu que “o prazo para matricularse nestas novas especialidades é o mesmo que para as prazas vacantes, a partir do día 5 de setembro”.
O director da Escola contou tamén que “alumnos de corda da Escola están a participar no curso de música na Granxa de Barreiros, en Sarria, que rematará o domingo, día 4, cun concerto ás 17:00 horas.