Cervo, 6 de setembro de 2016. O Concello de Cervo despediu aos dous nenos saharauis que pasaron este verán acollidos por dúas familias cervenses. No acto estiveron o alcalde, Alfonso Villares, e a concelleira de Servizos Sociais, Pilar Armada.
Alfonso Villares declarou que “acabamos de despedir a Guara máis a Basir, que son os dous nenos que levan estes últimos anos vindo pasar as vacacións de verán ao noso concello, á casa de dúas mulleres, Raquel e Dulce. Son unhas persoas que coa súa gratitude acollen a estes rapaces que viven no Sahara cunhas condicións de vida difíciles, acóllenos para que pasen estes veráns no noso país, e neste caso no concello de Cervo”.
O rexedor cervense subliñou: “eu creo que a elas, tanto a Dulce como a Raquel, o Concello de Cervo tenlles que agradecer a súa actitude, ese acto eu creo que é de ter en conta, porque aínda que desde o Concello poñemos fondos para pagar a viaxe destes nenos, está claro que estas mulleres son as que se encargan de acollelos na súa casa, de atendelos e darlles de comer durante estes meses”.
Villares salientou que “actos deste tipo son os que hai que ter en conta. Nós, desde o Concello, imos seguir adiante con estes programas solidarios, porque xa van anos que levamos colaborando con esta asociación de axuda a nenos saharauis e ímolo seguir facendo mentres haxa persoas como Dulce e Raquel que coa súa actitude eu creo que nos honra aos cervenses”.
O alcalde de Cervo quixo “animar a todas aquelas persoas, a aquelas familias, que queiran acoller nenos do Sahara para pasar as vacacións para o próximo ano que se poñan en contacto co Concello de Cervo, coa Concellería de Servizos Sociais, porque seguiremos colaborando e axudando para levar adiante actitudes solidarias como as destas dúas veciñas nosas”.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



