A Pontenova, 7 de setembro de 2016.- O PSOE da Pontenova lamenta que o PP critique os investimentos realizados polo Goberno socialista dende o Concello para a dotación e mellora de servizos públicos municipais aos veciños cando, por riba, a situación económica do municipio é a mellor dende hai máis dunha década, tras o traballo levado a cabo polo PSOE.
Os socialistas consideran que as críticas dos populares se deben “a súa absoluta falta de coñecemento e entendemento sobre a xestión municipal, as cuestións económicas e ata sobre a lexislación vixente”. Por este motivo, o PSOE explica ao PP que non cumprir coa regra de gasto significa investir máis do previsto, “cuestión bastante difícil de entender que se critique, cando isto supón más servizos públicos para os nosos veciños. Se isto aconteceu no 2015, foi debido á incorporación de novos fondos, captados doutras administracións, para executar grandes proxectos como, por exemplo, o novo campo de fútbol da Pontenova ou os arranxos e melloras de estradas e accesos público en zonais rurais do noso Concello”.
O PSOE sorpréndese de que, por riba, isto se critique cando o Concello da Pontenova vive a súa mellor situación económica dende hai máis dunha década.
“Cando os socialista chegamos ao Goberno local, descubrimos como o PP tiña deixado ao Concello cunha débeda financeira de 1,5 millóns de euros. Fomos o actual equipo de goberno municipal do PSOE, con Darío Campos á fronte, os que reducimos a débeda a moito máis da metade, aos 400.000 euros, sen deixar de investir nin un só euro na mellora das dotacións públicas municipais aos nosos veciños, e ata convertendo ao noso Concello nun dos da provincia que máis rápida pagan aos provedores, pois temos unha media de paga duns 25 días”.
“O PP tamén debería saber que os responsables do Catastrazo son, precisamente, eles, o Partido Popular dende o Goberno Central”, concluiron.


















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



