MONDOÑEDO (Lugo), 8 de setembro. A portavoz do Partido Socialista de Mondoñedo Esperanza González criticou este xoves a incompetencia, a deixadez e o despilfarro político Elena Candia ao fronte do Concello de Mondoñedo.
No pasado pleno, a voceira socialista, rexistrou unha pregunta en tempo e forma, para coñecer as explicacións da rexedora sobre a renuncia do Concello de Mondoñedo a unha brigada de prevención e defensa de incendios de 5 compoñentes para a anualidade 2016, tal e como consta no rexistro de saída n. 789, con data 20 de xullo. Esta pregunta non foi contestada pola Rexedora, “entedemos que non ten argumentos posibles ante semellante deixadez”.
A Xunta de Galcia concedeu dúas brigadas de 5 compoñontes para o concello de Mondoñedo. Os socialistas critican que Elena Candia renunciou a unha delas alegando motivos económicos (tal e como consta no rexistro do Concello con número saída n: 789). “É decir o Concello non ten cartos para investir en 5 postos de traballo, pero si que gasta preto de 1.000 euros en tartas de Mondoñedo, gasta nos premios do entroido 5.000 euros (duplicando as cuantías de anos anteriores), preto de 2.000 euros en comidas, 450 euros en concursos de balcóns, 800 euros en colchonetas, 1.364 euros en prantas, e 30.000 euros en anuncios, pero é incapaz de investir 5.000 euros máis en emprego”.
Os socialistas queren remarcar tamén a mala xestión de Candia ao fronte do Goberno, xa que esta brigada podería estar contratada coa subvención da Deputación para a creación de emprego, pero a súa deixadez e incompetencia política leva aos mindonienses a peder unha brigada de incendios de 5 persoas.
González explica que o pasado 15 de xullo a Deputación de Lugo fixo públicas as axudas do programa DEPUEMPREGO, no que a Mondoñedo lle corresponden 41.844 euros de subvención. Elena Candia, mediante unha nota de prensa fixo público que con parte de ese investimento contrataría a unha educadora familiar, un posto de traballo no que a Xunta anteriormente tiña concedidas subvencións, depois retirounas, pero agora volve a concedelas.
No pasado pleno a voceira socialista informou á rexedora que para esta contratación concreta da educadora familiar existe unha subvención da Consellería de Política Social, que saíu publicada no DOG N.135, pola cal o Concello só tiña que aportar o 20% deste contrato. A rexedora explicou na sesión plenaria que debido á regra de gasto o Concello non podía facer fronte a ese investimento dese 20%. “Si Elena Candia de vez en cando se achegara ao Concello para traballar e ler as convocatorias oficiais daríase conta que a subvención da Deputación e a da Xunta son compatibles e polo tanto, agora mesmo o Concello, mediante a subvención da Deputación esta pagando o 100% do soldo a unha educadura, cando só debería estar pagándolle o 20%, e o outro 80% debería aportalo a Xunta mediante a subvención publicada no citado DOG. E polo tanto adicar esta inversión á brigada de incendios, que falta lle fai ao Concello e co aforro que esto suporia para as arcas públicas”, insisten.
Esperanza González sinala que nestes momentos “Candia ten outros compromisos máis importantes que o Concello, xa que esta recorrendo a provincia na búsqueda de votos para o PP, para ela Mondoñedo é secundario, e máis ben unha plataforma para subirse a escalar algún peldaño”, resumiu.
Facturas Concello
TARTAS DE MONDOÑEDO; total: 968 euros
214 € aprobado en Xunta de Goberno 7-6-2016
600€ aprobado en Xunta de Goberno 16-2-2016
154€ aprobado en Xunta de Goberno 15 -3-2016
Entroido, total: 5.000 euros.
Premios do Entroido duplicouse a cuantia con respecto ao ano 2015, pasamos de 2.500 euros a 5.000 euros este ano.
Comidas, total: 1954 euros.
1.320€ comida de confraternización, aprobado en Xunta de Goberno, 6 de xullo de 2016.
634€ comida homenaxe mercado medieval, aprobado en Xunta de Goberno, 22 de xullo de 2016.
Colchonetas, total; 800 euros
800€ animación infantil, aprobado en Xunta de Goberno, 22 de xullo
Plantas ornamentais, total; 1364 euros
1364 euros plantas, aprobado en Xunta de Goberno, 15 de marzo de 2016
30.000 euros ao longo do mandato de Elena Candia nos diferentes medios.



















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



