Santiago, 8 de setembro de 2016.- A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Riotorto colaborarán para mellorar a situación do saneamento na parroquia de Santa Marta de Meilán, tal e como se recolle no convenio asinado entre a titular do departamento autonómico, Beatriz Mato, e o alcalde da localidade, Clemente Iglesias.
As obras que se pretenden executar teñen por finalidade recoller as augas fecais en Santa Marta de Meilán, co fin de evitar os puntos de vertido existentes na actualidade.
Para executar estes traballos, o Goberno galego achegará máis de 60.000 euros, cofinanciados polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER)
No encontro, a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio destacou que a Xunta seguirá apostando pola máxima colaboración cos concellos galegos para a posta en marcha de infraestruturas e servizos. Tras a sinatura do convenio de colaboración, Augas de Galicia pode licitar este contrato nas próximas semanas.