Atendendo a unha demanda bastante ampla en Foz de donos de mascotas e colectivos defensores dos animais, o grupo municipal socialista vai presentar unha moción para o seu debate no vindeiro pleno, solicitando que o equipo de goberno estude a posibilidade de habilitar unha, ou parte de unha, das 13 praias do noso concello para que os donos de cans poidan desfrutar delas xunto coas súas mascotas.
O concello de Foz dispón de moitos quilómetros de praia, polo que, algunha delas ou algún tramo podería acoutarse para o uso e desfrute dos donos de cans, como xa sucede noutras localidades veciñas. Abrir un espazo nas nosas praias para o seu uso xunto coas mascotas – sinala o concelleiro socialista Chema Linares – sería un paso importante e unha decisión acorde cos tempos para satisfacer esa demanda dos propietarios de cans e dos colectivos de defensa dos animais. Ademais creemos que aportaría beneficios turísticos ao concello, xa que tampouco é excesivo o numero de areais na comarca que dispoñan desta posibilidade, seguramente se incrementaría o numero de turistas que decidisen pasar os seus días de ocio no noso concello ao ter o aliciente de poder desfrutar da praia xunto coas súas mascotas.
En Foz, xa houbo unha petición veciñal con recollida de sinaturas para habilitar una praia canina, petición que debeu caer “no saco roto” do alcalde, Javier Castiñeira, xa que non fixo movemento ningún por darlles resposta a súa demanda – remata o concelleiro socialista.



















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



