Burela, a 10 de setembro de 2016.- O Partido Popular de Burela mostrou a súa satisfacción porque as obras do acceso ó Porto entren na súa recta final, logo de realizadas as probas de carga da ponte que soportará o paso do ferrocarril. Os populares consideran que “esta obra, pola que tanto se traballou, vai supor un cambio na fisonomía da vila e unha modificación sen precedentes do tráfico rodado” A obra foi adxudicada en algo máis de seis millóns e medio de euros.
No PP local “temos claro que sen a aposta decidida do goberno de Alberto Núñez Feijoo esta obra non sería posible. Lembramos que foi o goberno Feijoo quen fixo un novo proxecto constructivo e quen consignou os cartos necesarios para levalo a cabo. Polo tanto, entendemos que é de xusticia recoñecerlle o mérito a quen apostou por esta obra nun momento económico complexo e nada doado”.
Igualmente, “temos que lembrar que esta obra non sería posible sen un Plano Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), documento que aprobou o anterior goberno municipal do PP co voto en contra dos grupos da oposición: o proxecto está recollido na súa totalidade, hasta o máis mínimo detalle, no PXOM, de tal xeito, que, por exemplo, queda fixado un entronque coa malla urbana a uns douscentos metros do seu remate, na zona da Limosa”, indican os populares.
Finalmente, desde o PP de Burela afirman que “ainda non hai moitas semanas algún corifeo socialista andaba polos bares da vila sementando dúbidas sobre se a obra se remataba ou non: aqueles que nada fixeron por esta obra, deberían cando menos ser respectuosos co proceso constructivo da mesma”.



















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



