Cervo, 10 de setembro de 2016.- Dirixentes e candidatos do Partido Popular reafirmaron o seu compromiso cos homes e mulleres do mar nun encontro sectorial que tivo lugar este sábado en San Cibrao (Cervo) e no que se citaron un importante número de profesionais deste sector chegados de todos os puntos da Mariña lucense.
O almorzo informativo serviu para render conta da acción do goberno autonómico, estes últimos oito anos, e para perfilar tamén as liñas mestras do programa electoral no ámbito da pesca, marisqueo e acuicultura proposto polos populares galegos, e sobre o que mañá domingo afondarán nun encontro autonómico organizado con este obxecto en Santiago de Compostela.
O almorzo deste sábado contou coa presenza da conselleira Rosa Quintana, quen ademais tivo a oportunidade de responder ás preguntas que formularon os asistentes, durante un coloquio posterior ás intervencións da propia responsable autonómica de asuntos marítimos, do candidato ao Parlamento galego, José Manuel Balseiro, quen tamén exerce como portavoz do Mar do Grupo Popular de Galicia e da presidenta provincial dos populares lucenses Elena Candia.
En todas as intervencións destacaron a importancia que na Mariña lucense ten o sector da pesca, xa non só por contar con portos da importancia dos de Burela e Celeiro, e outros moitos destacados no ámbito da baixura, como Morás, Foz ou O Vicedo, senón tamén polo gran número de empresas, profesionais e autónomos que directa ou indirectamente centran a súa actividade na comercialización e transformación de peixes e mariscos.
MÁIS POSIBILIDADES DE PESCA
En relación co balance da acción do goberno lembraron que co PP negociando foi posible incrementar as posibilidades de pesca en máis dun 13% en termos absolutos e nun 55% en valor, mentres con outras forzas se recortaban. Explicaron tamén que se blindou por lei o réxime xurídico das confrarías e traballouse co sector para establecer cotas máximas cando hai escaseza e regular o descanso dos traballadores.
No ámbito comarcal unha medida moi destacada foi o reforzo da operatividade dos medios de salvamento, en particular, do helicóptero Pesca 2 con base en Celeiro, con gardas presenciais ás 24 horas do día os 365 días do ano e, en materia de loita contra o furtivismo lembraron que neste período creceron un 66% as incautacións e se tipificou este feito como delito, histórica demanda dos profesionais do marisqueo.
A pesar da crise, os populares explicaron que o valor económico das vendas de peixe e marisco no 2015 é a terceira máis alta desde os últimos dez anos e en materia de acuicultura se impulsaron novos proxectos como o de rodaballo e linguado en Cervo. Tamén creceu a industria transformadora: as vendas ao exterior aumentaron un 9% respecto nos últimos anos.
UN PROGRAMA DE GOBERNO
Xa en clave de futuro os populares comprometéronse a impulsar unha análise da situación dos caladoiros, das novas esixencias en materia de descartes pesqueiros ou da oportunidade que se abre para reformar a ríxida normativa europea como consecuencia do Brexit, adecuar a política de desembarque obrigatorio ou eliminación de descartes e reforzar o papel das confrarías de pescadores e as súas federacións.
Os populares tamén queren desenvolver o Plan de acción e apoio á competitividade e sostibilidade da pesca costeira artesanal, con medidas para multiplicar o emprego e a formación, mellora da comercialización e reactivación de instalacións de produción de semente de marisco, e traballaran para acadar maiores cotas de pesca para as flotas que faenan do caladoiro Cantábrico e Noroeste.
Comprometéronse tamén a prestar especial atención á pesca de altura e gran altura, traballando para a súa consolidación, ben sexa mediante acordos internacionais ou contribuíndo á eliminación de obstáculos ao desenvolvemento da súa actividade e aprobar o Plan de equipamentos portuarios, que dea resposta ás necesidades de elementos loxísticos e de servizo.
EQUILIBRIO FRONTE AO ECOLOXISMO RADICAL
Desde o PP contrapuxeron a claridade das propostas e programas que defenden en materia de pesca coa incerteza e escurantismo que rodea ás propostas programáticas dos partidos da oposición. Ata tal punto é así que incluso, advirten, en partidos da oposición como as Mareas impóñense as teses ecoloxistas radicais, fronte ao necesario equilibrio á hora de tomar decisións entre os aspectos ambientais, económicos e sociais, polo que na oposición manteñen posturas contrarias ao intereses da pesca
Pola súa banda e para rematar Balseiro lembrou tamén que forzas políticas como o PSOE, o BNG ou AGE (hoxe integrados en Mareas) non apoiaron ou votaron directamente en contra de múltiples medidas impulsadas polo PP desde o Parlamento e desde a acción do Goberno, como a dirixida a conseguir o cambio do criterio de reparto de cotas, (o principio de estabilidade relativa) a chamada a modernizar a normativa sobre tripulacións mínimas, a establecer un sistema de mellora voluntaria da seguridade sociais ou a presentar unha postura unitaria do sector ante a reforma da política pesqueira común, esta última, unha falta de apoio especialmente negativa, segundo indicou a conselleira, porque buscaba rachar o consenso sobre unha serie de propostas que aceptou por unanimidade o propio sector representado no Consello Galego de Pesca.
Finalmente a presidenta provincial, Elena Candia, lembrou que Galicia posúe máis da metade do emprego marítimo pesqueiro de toda España e que o 70% do peixe fresco se desembarca en portos galegos, o que reflicte a fortaleza do sector e a necesidade de seguir facendo deste unha aposta estratéxica polo mundo do mar, piar digno de máxima atención nos vindeiros catro anos. Neste obxectivo reclamou o apoio dos profesionais do mar para que, unha vez máis, volvan a confiar no PP como fixeron maioritariamente en anteriores ocasións.





















A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



