Lugo, 19 de setembro de 2016.- O candidato lucense do PSdeG-PSOE, Luis Álvarez, reprobou nun acto en A Pontenova a xestión nefasta do Goberno de Feijóo na provincia, falando dun abandono e retallo dos servizos públicos, especialmente para os máis maiores. Traendo a colación o incumprimento, feito público polos medios de comunicación, da ratio recomendada pola OMS no que atinxe ás residencias e centros de día para a terceira idade, desde o PSdeG trasladan o seu “total desacordo coas políticas de desleixo do Partido Popular de cara aos servizos públicos, vulnerando os dereitos das persoas maiores como consecuencia da súa tendencia crónica á privatización”, comentaron.
O candidato socialista afirmou que “este é un dos moitos motivos polos que a Xunta trata aos lucenses como cidadáns de terceira, posto que non se crean prazas públicas na provincia desde a década dos 70”, aseverou, compartindo “un malestar que levamos arrastrando moitos anos, desde que Feijóo comezou a dilapidar os fondos do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar creado polo goberno socialista de Touriño”. Dita entidade foi creada co obxectivo de establecer convenios con outras administracións para ofrecer servizos públicos, pero baixo criterio dos socialistas, “a Feijóo non lle interesa fortalecer esta rede de colaboración pública para dignificar a vida das persoas, especialmente na última etapa da súa vida”.
Nesta mesma liña, o Presidente da Deputación, Darío Campos, lembrou a construción da primeira rede pública de residencias e centros de día creada polo organismo que preside “e bloqueada sistematicamente pola Xunta”, poñendo de exemplo “as residencias da Fonsagrada e Castroverde, financiadas na súa totalidade pola Deputación Provincial, pero sen a licenza de actividade, que os populares negáronse a outorgar unha e outra vez”, remachou. Campos centrou o seu discurso “na defensa dos dereitos e do benestar dos máis maiores, totalmente vulnerados polo Goberno Feijóo como principal obstáculo para abrir estas residencias públicas mediante un convenio de colaboración”, sacando como principal conclusión “que o único método que lle parece ben ao Partido Popular é non facer nada pola xente para a que gobernan, intentando privatizar a xestión destas residencias a través dunha sociedade mercantil rexida polo dereito privado”.
Como conclusión, os socialistas censuraron “o maltrato e olvido que sufre esta provincia, unha das máis envellecidas, con maior despoboamento e coas pensións medias máis baixas de España”, para a que o Partido Popular “solo fai plans de futuro en base aos seus intereses, os intereses dunha dereita totalmente allea ás condicións de vida dos veciños e veciñas”.



















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



