Primavera de 1993. As I Xornadas Históricas de Foz, organizadas polo concello, congregaran , durante dous fins de semana, a mais dun cento de persoas, chegadas de diversos puntos de Galicia, e de fóra dela. A personalidade singular dun dos asistentes; a súa presenza distinguida; a pulcritude dos modais e algunhas intervencións eruditas, fixeron del centro de atención.O talante comunicativo; a modestia e simpatía, permitiu a aproximación á persoa e compartir horas de grato parladoiro nos que os coñecementos e discursos inferían un especial interese.
Staffan Mörling é o nome: sueco, casado con galega da illa de Ons; licenciado en Antropoloxía cultural, Historia da Arte e Latín; profesor de inglés na Escola Naval de Marín. O amor e admiración por este país o levaron a investigar sobre as mais variadas facetas da nosa cultura.
Autor do libro”As embarcacións tradicionais de Galicia”, afanábase entón en senllos traballos sobre as estruturas do poder tradicional na Galicia rural, estudo que tiña por obxeto explicar as causas de que en Galicia non se plasmase un nacionalismo con peso político.E por outra parte a análise da canción “O cantar do Mariscal” para chegar a saber de qué tipo de canción se trata e en qué contexto nace. Escrita en estrofas de catro versos, é unha das que se cantaban por feiras e mercados, en forma historiada.”A mín chaman Tornamira, señora de gran tesouro” ,din dous dos seus versos, o que se relaciona coa lenda da existencia na Frouseira dun tesouro oculto. O estudo pretendía tamén comparala coas cancions que se fixeron en Dinamarca cando o asasinato do Rei de dito país, ocurrido a noite de Santa Cilla de 1286.
Na subida ó Pico da Frouseira, Mister Mörling sorprendeo a todos: no mais outo do lugar, da bolsa de viaxe que portaba, sacou unha gaita galega, lanzando ó aire as notas garridas da “Muiñeira de Chantada”. “A Frouseira – nos diría – é un lugar que fai sentir a historia, e reflexionar sobre Galicia”.. Na estación do FEVE, mentres agardábamos o tren- medio que usaba a cotío -escoitamos a súa opinión sobre as Xornadas que acabábamos de vivir, das que dixo: “Moi brillantes, e de altísimo nivel, polo que axudarán a coñecer a realidade histórica de Galicia e a divulgar o mito e o símbolo da identidade galega que crearon os escritores e poetas do século pasado e principios do actual (XX) porque, aínda que non sempre deron coa realidade histórica sobre Pardo de Cela que coñecemos hoxe, a través das investigacións sobrepostas, o seu propósito era serio, recordando a Galicia que o réximen que representaban estes señores saíra da realidade galega. Non carece, pois, de fundamento o ver en Pardo de Cela un símbolo de Galicia, porque así foi. Representaba un estilo de vida tradicional desta terra, antes de que o poder central impuxera un control mais estrito deste país. As Xornadas deben constituir unha gran satisfacción para os organizadores, para Foz e toda A Mariña. As mesmas resultaran moi exitosas; no logro tivera moi destacado papel Staffan Mörling.
Suso Fernández


















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



