Lugo, 26 de setembro de 2016.- O cabeza de lista do PsdeG-PSOE ao Parlamento de Galicia por Lugo, Luís Álvarez, dixo este luns que os resultados acadados nas eleccións autonómicas do 25 de setembro “non son bos resultados, xa que non responden as expectativas de voto depositada no proxecto socialista. Un proxecto sólido, ilusiónante, pensado nas persoas e realizado para mudar a forma de entender a política de Galicia”. Asegurou que “traballarán para non defraudar a todas as persoas que votaron a candidatura socialista, e que merecen o noso respecto e o noso traballo”.
Luís Álvarez compareceu na sede da socialista lucense, situada na Rúa Salmón, acompañado dos dous membros da candidatura socialista, Concepción Burgo e José Antonio Quiroga.
Álvarez agradeceu aos militantes e simpatizantes o seu traballo e o seu esforzo neste dias de xeito desinteresado, e tamén agradeceu a confianza depositada aos votantes da candidatura socialista da provincia de Lugo.
Na súa intervención explicou que o PsdeG-PSOE presentouse a estas eleccións co candidato mellor cualificado de todas as forzas políticas, e asegurou que o socialismo lucense “vai seguir apoiando a Leiceaga”, e insistiu “vamos a estar con el como fixemos na pre-campaña e na campaña electoral”.
Álvarez remarcou que os socialistas lucenses “seguiremos traballando para que as políticas desta Comunidade muden, sendo conscientes do resultado electoral. Vamos a seguir apoiando ao sector do rural, forestal, lácteo, gandeiro e ao sector da pesca, e a seguir demandando as infraestruturas que nos corresponden e reclamar melloras sanitarias”, resumiu.
Sinalou que o PsdeG-PSOE seguira traballando para ser alternativa de goberno nas vindeiras eleccións. Anunciou que o Partido, como xa anunciou o candidato Xoaquín Fernández Leiceaga, debatera nos órganos regulamentarios os motivos destes resultados.


















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



