O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, defendeu este martes en Bruxelas que o futuro regulamento de conservación dos recursos pesqueiros e protección dos ecosistemas mariños a través de medidas técnicas de pesca apuntale a sostibilidade dun sector vital para Galicia e que toda medida se establezas baixo criterios científicos e estudos de impacto social e económico. Fíxoo na comisión de Recursos Naturais (NAT) do Comité Europeo das Rexións (CdR), na que os líderes rexionais e locais da UE deron o visto bo a tres proxectos de ditame: ademais do texto sobre o regulamento de medidas técnicas, o CdR pronunciouse sobre a volatibilidade dos prezos dos produtos agrícolas e o papel do turismo na cooperación territorial, tema seguido dunha mesa redonda sobre o uso de fondos comunitarios neste ámbito. Ademais, aprobouse unha visita de estudo a Galicia en 2017 para coñecer en terreo a situación do sector lácteo na comunidade.
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo sinalou o compromiso de Galicia no cumprimento da nova Política Pesqueira Común (PPC) para garantir a sostibilidade do sector no longo. Gamallo defendeu unha aplicación paulatina da obriga de desembarque de todas as capturas, tal e como se acordou coa Comisión Europea, e avogou por unha aplicación da normativa baseada na idea de equidade e xustiza. “Toda nova medida, sexa referente a tallas mínimas, vedas ou tamaños da malla, debe ir acompañada sempre dos correspondentes estudos científicos e de impacto social e económico, de xeito que a pesca sexa sostible para todos”, solicitou Gamallo. O representante galego defendeu, ademais, que “as artes empregadas pola flota galega son plenamente sostibles e posúen unha alta selectividade”.
Unha das principais novidades do regulamento, a rexionalización como sistema que permite aos Estados propoñer a adopción de medidas técnicas de acordo ás especificidades de cada conca marítima, Gamallo defendeu que a norma debe ofrecer máis flexibilidade nos axustes, por exemplo, dos tamaños das mallas, e que as normativas deben adaptarse a circunstancias como o tipo de pesquería, a subrexión ou a estacionalidade. Galicia presentou 21 emendas a este ditame, relativas de forma fundamental ás dimensións da malla, tallas mínimas de captura e o impacto socioeconómico da pesca, e procedían do ditame aprobado por unanimidade no seo do Consello Galego de Pesca. Todas foron aprobadas.
Volatibilidade dos prezos dos produtos agrícolas
O segundo dos ditames aprobados pola comisión foi o relativo á regulación da volatibilidade dos prezos dos produtos agrícolas, que propón facer obrigatoria a contractualización en toda a cadea alimentaria e favorecer a sinatura de contratos multipartitos para coñecer os prezos con antelación. O texto solicita tamén mecanismos de xestión de riscos más ambiciosos, xa que estes só representan actualmente o 0,4% do orzamento agrícola total. Ademais, o CdR ve con bos ollos a creación dun observatorio europeo dos mercados agrícolas, a imaxe do que xa existe para o lácteo, co fin de aumentar a transparencia na cadea. Por último, as autoridades rexionais e locais da UE consideran que a próxima reforma da PAC debería incluír a posibilidade de que os agricultores reserven nunha conta especial unha parte dos fondos do primeiro pilar como aforro de precaución fronte os altibaixos do mercado. Galicia contribuíu á redacción deste ditame cunha emenda.
Impulso ao sector turístico
Os membros de NAT abordaron tamén o papel do turismo como ferramenta para impulsar a cooperación territorial na UE, para o que contaron coa presenza de dous membros de Parlamento Europeo. O ditame correspondente aposta por reforzar a posición de Europa como destino turístico internacional, tendo en conta os enormes beneficios que esta actividade ten no mercado interior, no crecemento e no emprego. A continuación celebrouse unha mesa redonda na que o director xeral Relacións Exteriores fixo fincapé no compromiso de Galicia co sector, como amosa o feito de que a comunidade é membro de NecsTour dende 2014 e este ano lidera o grupo de traballo sobre turismo cultural e sostible dentro desta rede. “É necesario conxugar a protección e conservación do patrimonio cultural co seu uso como recurso turístico-cultural e motor de crecemento económico”, subliñou Gamallo. No debate participou, por videoconferencia, a comisaria de Mercado Interior, Industria, Emprendemento e Pemes, Elzbieta Bienkowska.
A comisión NAT do Comité Europeo das Rexións
A comisión de Recursos Naturais (NAT), que se ocupa de abordar dende o punto de vista local e rexional asuntos como a Política Agrícola Común (PAC), a pesca ou o turismo, é unha das dúas comisións de traballo nas que Galicia participa no seo do Comité Europeo das Rexións, asemblea consultiva na que están representados os entes locais e rexionais da Unión Europea. En representación da Comunidade Autónoma de Galicia, o membro titular é o propio presidente da Xunta de Galicia, mentres que o cargo de membro suplente recae no director xeral de Relacións Exteriores e coa UE.




















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



