Nota de Prensa
VILLARES FIXO APOLOXÍA DA ILEGALIDADE NA ROLDA DE PRENSA DE SARGADELOS
O Alcalde volve lavarse as mans e elude as responsabilidades municipais sobre mantemento da Casa da Administración
O informe xurídico sobre o Patronato de Sargadelos xa está elaborado dende xaneiro de 2009 e hai copias tanto na Delegación de Lugo como na Xunta
Cervo, 19 de novembro de 2009. O BNG non sabe en que se traduce a rolda de prensa ofrecida pola Delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias e o Delegado da Consellaría de Cultura, Rodríguez Andina en Sargadelos. Tanto unha como outro semellan estar mal informados e seguramente o alcalde non axudou en nada disparando contra outros sobre aquilo do que lle corresponde responder a el mesmo.
O primeiro responsábel do abandono da Casa da Administración é o alcalde de Cervo
O portavoz nacionalista Xoán Estúa saíu ao paso das declaracións do alcalde de Cervo, Alfonso Villares, lembrando que o concello de Cervo ben facendo labores de mantemento no Museo Histórico de Sargadelos dende fai 20 anos materializando as súas aportacións como membro do padroado na conservación do edificio, no que se inclúen o mantemento eléctrico, fontanería, loxística e ornato e adecentamento do entorno; todos os veciños de Sargadelos e visitantes saben que dende fai moitos meses os xardíns do museo eran unha selva, curiosamente 10 días antes da rolda de prensa coa Delegada da Xunta, operarios do concello procederon á súa limpeza, “a costume do alcalde de desprenderse dos problemas e derivalos aos demais xa é a tónica habitual”.
O goberno anterior en tres anos e medio sentou as bases para o que deberán ser actuacións futuras no conxunto histórico.
Estúa continuou puntualizando que a Dirección Xeral de Patrimonio do goberno anterior informou o Plan Especial de Rehabilitación do Conxunto Histórico de Sargadelos e está a disposición dos redactores dende decembro do ano pasado para que inclúan as modificacións que foron introducidas, no ano 2006 fixéronse traballos de limpeza e estudos arqueolóxicos no forno número un e no seu entorno, no que foron recuperadas pezas, cumprindo por primeira vez a lexislación de patrimonio xa que todas as actuacións anteriores levadas a cabo en Sargadelos estiveron ao marxe da legalidade. Por primeira vez nomeouse a un membro da administración pública como responsábel financeiro do Padroado de Sargadelos, legalizando unha situación que era insostíbel. Redactouse un informe xurídico sobre o padroado no que está incluída a súa situación legal, situación económica, titularidade do Museo Histórico ou Casa da Administración, método de financiamento, etc
Villares fixo apoloxía da ilegalidade ao dar por boas actuacións executadas no 2004 que incumpriron a lexislación de Patrimonio.
Para o portavoz nacionalista “Villares volve pegar coa pedra da lexislación sobre patrimonio coa que tantas veces se escorna este goberno municipal” ao aludir a obras executadas no ano 2004 tramitadas dende a Delegación de Lugo e sen coñecemento da Direccións Xeral de Patrimonio a quen lle compete calquera actuación en espazos catalogados como BIC, como é este caso. “Estúa recomendou a Raquel Arias e Rodríguez Andina que estuden os antecedentes do goberno local de Cervo en relación á protección do patrimonio onde seguro que van atopar sorpresas desagradables”. No mesmo sentido preguntouse onde esta o expedente desas obras executadas no 2004 cunha axuda da Consellaría de Política Territorial de 600.000 euros e outras executadas por un obradoiro de emprego con anterioridade. “O portavoz nacionalista insta aos dous representantes da Xunta a que busquen o informe arqueolóxico destas actuacións e as pezas recuperadas, así como o expediente na Dirección Xeral de Patrimonio, non van atopar nada”
Nin Raquel Arias nin Rodríguez Andina demostraron gran coñecemento da situación e fixeron un brindis ao sol sen compromisos reais.
Estúa, detectou un gran descoñecemento por parte dos dous responsábeis da Xunta na súa visita a Sargadelos. O portavoz do BNG denunciou que o convenio para financiamento do padroado e por tanto do funcionamento do Museo Histórico non foi asinado ate o mes de xullo polo novo goberno da Xunta e os gastos correntes non empezaron a pagarse ate setembro, aínda que teléfono e internet segue sen funcionar. Para o BNG é positivo que a delegada teña compromisos con Sargadelos pero puntualizou que estes teñen que concretarse en algo e non ser unha mera declaración de intencións. Os nacionalistas aclararon en relación ao anuncio de redacción dun informe xurídico sobre a situación legal do padroado que este é unha redundancia ao existir xa un, tanto na Delegación Provincial como na Xunta dende xaneiro de 2009, encargado polo anterior goberno do que deberían ter coñecemento, “si o teñen e non fan uso del non se corresponde coa política de austeridade e si non o coñecen é que están na inopia”.
No pasado cometéronse irregularidades que non se deberían repetir agora
O BNG advirte que a máxima prioridade é a aprobación do Plan Especial de Recuperación do Conxunto Histórico e neso deberían estar traballando tanto dende a Xunta como dende o concello, considera positivo que mentres isto non se fai que se executen obras de mantemento na Casa da Administración pero tamén que se encha de contidos xa que está baleira dende o cambio de goberno na Xunta. Estúa advertiu que non se deberían reproducir actuacións ao marxe da lei de patrimonio como xa sucedeu no pasado.

















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



