A Coruña, 4 de outubro de 2016. – A Real Academia Galega celebrará este sábado, 8 de outubro, unha nova mesa de debate do ciclo No tempo das Irmandades: fala, escrita e prelos, na que a figura de Antón Villar Ponte, fundador das Irmandades e natural desta localidade luguesa, será un dos protagonistas. O programa estará dedicado tamén a outros dous irmáns, Xohán Vicente Viqueira e Florencio Vaamonde Lores. O encontro, que terá lugar no teatro Pastor Díaz a partir das 12 horas, contará coas achegas de Emilio Xosé Ínsua, Antón Costa, Isabel Seoane e Carlos Nuevo Cal. A entrada é libre.
Carlos Nuevo Cal será o encargado de moderar a mesa, titulada Protagonistas (I): Antón Villar Ponte, Xohán Vicente Viqueira e Florencio Vaamonde Lores. O historiador viveirense é coautor da obra O primeiro Antón Villar Ponte (2003), que publicou en colaboración co tamén viveirense Emilio Xosé Ínsua.
Ínsua é tamén autor de Antón Villar Ponte e a Academia Galega (Do Cumio, 2006) e A nosa Terra é nosa! A xeira das Irmandades da Fala (1916-1931) (Baía, 2016), entre outras obras ensaísticas. O investigador repasará na súa intervención, Antón Villar Ponte (1881-1936): un guieiro xeneroso e esforzado, a traxectoria global deste persoeiro, pai das Irmandades, percorrendo as achegas máis destacadas que fixo na política, na literatura, na dramática, na acción cultural e na defensa do idioma galego.
Antón Costa Rico, catedrático de Historia da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, participará co relatorio Xohán Vicente Viqueira e o ensino galego. Viqueira (1886-1924), é coñecido sobre todo pola súa resonancia literaria e poética, ou mesmo polas súas contribucións no ámbito dos procesos de normativización da lingua galega. Pero foi tamén profesor, investigador, autor e tradutor de textos nos campos da psicoloxía, a filosofía e a pedagoxía, perfil no que se deterá Costa.
A profesora Isabel Seoane Sánchez, autora dunha tese doutoral sobre a obra de Florencio Vaamonde Lores (1860-1925) e editora da obra poética deste autor – Os calaicos. Mágoas. Follas ao vento (Xerais, 2003)-, profundará nestoutra figura vinculada ás Irmandades da Fala desde os seus inicios.
O ciclo No tempo das Irmandades: fala, escrita é prelos é unha das iniciativas coas que a RAG conmemora o centenario da fundación das Irmandades da Fala, movemento que marcou un antes e un despois no proceso de dignificación da lingua galega. O programa conta coa colaboración de distintas institucións, entre elas o Concello de Viveiro, que organiza da man da Academia a xornada do vindeiro sábado.
A Academia é ademais coorganizadora da exposición Saúde e Terra, irmá(n)s!, que está a levar o legado das Irmandades polas principais localidades de Galicia. Tras exhibirse en Ourense durante o mes de outubro, do 4 ao 27 de novembro poderá verse no Museo Provincial de Lugo.






















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



