Ribadeo, 5 de outubro de 2016. Este mércores botou a andar A Chocolateira, o novo programa de innovación social para a busca de emprego do Concello de Ribadeo.
Segundo explican desde a Concellaría de Desenvolvemento Local “ata o vindeiro mes de decembro un total de 12 participantes poderán traballar de maneira grupal e con novidosas técnicas de traballo en equipo, desenvolvemento persoal e motivación entorno a formacións teórico- practicas individuais, retos grupais e traballo colaborativo. Neste senso, contarán cun completo programa formativo que se pode consultar na web: http://achocolateira.ribadeo.gal”.
E engaden que “entre os retos grupais estará a creación dunha axenda de emprego, e un segundo reto a definir de forma conxunta por todos os participantes e a acabar antes de Nadal”.
Ademais disto, hoxe levouse a cabo a constitución da empresa A Chocolateira S.L. de maneira virtual: “a empresa marco baixo a que todos os participantes simulando a realidade dunha empresa real, nos distintos departamentos que a conforman: creativo, xestión, loxística e comunicación… desenvolverán as súas habilidades con rutinas diarias, aplicarán os coñecementos adquiridos e se embarcarán en novos retos complementarios que vaian xurdindo e lles permitan gañar seguridade, mellorar as súas habilidades e sobre todo avanzar cara a súa empregabilidade co fin de aplicar no mercado laboral todo o incorporado aos seus perfís durante estes tres meses”.
A Chocolateira é unha iniciativa da Área de Desenvolvemento Local, Emprego e Xuventude do Concello de Ribadeo co- financiada por La Caixa. A Chocolateira bota a rodar dende este mércores, con toda a tripulación e pasaxeiros a bordo cargados de ganar, de coñecer e compartir entre eles e coa contorna.
























A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



