Cervo, 15 de outubro de 2016. Este vindeiro martes, día 18, empeza a vixésimo segunda edición do campionato de tute Concello de Cervo. Foi presentado polo alcalde, Alfonso Villares; o concelleiro de Deportes, José Ramón Soto; e o coordinador desta actividade, Félix Fernández.
O edil de Deportes anunciou que “un ano máis, e xa van 22 de forma consecutiva, organizamos o campionato de tute Concello de Cervo. É unha actividade que se desenrolando nos locais hostaleiros e de asociacións do Concello de Cervo durante os últimos 22 anos. Participan un total de dez equipos, contando cada un deles con catro parellas máis os reservas, co que se achega a unhas cen persoas as que disputaran este consolidado torneo, que posiblemente sexa o máis antigo da provincia de Lugo e de Galicia e que se organiza ano tras ano”.
José Ramón Soto explicou que “as partidas ou enfrontamentos realizaranse polo sistema de liga, ou sexa todos contra todos a dobre volta, en cada un dos locais que establezan os equipos participantes. O campionato dará comezo o vindeiro 18 de outubro e prolongarase ata días antes do Nadal”.
O concelleiro de Deportes rematou comentando que “por parte do Concello de Cervo queremos agradecer a colaboración de todos os locais, hostaleiros sobre todo, e queremos facer fincapé na axuda que nos presta Félix Fernández Gómez, que leva o fronte deste campionato desde o seu inicio”.























O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



