A tempada de caza xeral 2016-2017 en Galicia iníciase este domingo, 16 de outubro. O colectivo de cazadores galegos, que se sitúa actualmente en máis de 45.000, poderá dispoñer de licenza para exercer esta actividade en 454 tecores, que superan os 2,6 millóns de hectáreas de terreos cinexeticamente ordenados. A esta cifra hai que sumar as 28 explotacións cinexéticas comerciais autorizadas
Na seguinte táboa amósase a información referente aos tecores aprobados a día de hoxe en Galicia, por provincias:
|
Nº tecores
|
Superficie en Has.
|
|
|
A Coruña
|
124
|
695.809
|
|
Lugo
|
149
|
928.007
|
|
Ourense
|
108
|
667.133
|
|
Pontevedra
|
73
|
350.391
|
|
TOTAL
|
454
|
2.641.340
|
A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio recorda que o período hábil de caza comeza este domingo 16 de outubro e prolongarase ata o vindeiro 6 de xaneiro de 2017, con alcance xeral, ambas datas incluídas. Considéranse días hábiles de caza con carácter xeral os xoves, domingos e festivos de carácter estatal e autonómico.
Toda a información está recollida na resolución do 22 de abril de 2016, que determina as épocas hábiles de caza (tanto da tempada de caza xeral, como as específicas dalgunhas especies), as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies durante esta tempada.
Novidades
Entre as principais novidades que se recollen para a nova tempada, destaca o feito de que nos terreos de réxime cinexético especial que teñan autorizada a prórroga do período hábil de caza para a arcea, autorízase o adestramento de cans sobre esta especie, sen petición previa, desde o 7 de xaneiro ata o 15 de marzo de 2017 os xoves, domingos e festivos de carácter estatal ou autonómico.
Nos terreos de réxime cinexético especial establécese, así mesmo, un período mínimo de dous meses consecutivos durante o cal non se pode adestrar cans nin aves de cetraría (escollidos nun único período entre abril e xullo, proposto polo titular do terreo cinexético, entendéndose no seu defecto que se corresponde cos meses de maio e xuño).
En canto á caza do raposo nos Tecor e explotacións cinexéticas comerciais, posibilítase realizar batidas de xestión en toda a súa superficie os sábados do período hábil de caza menor, cando se planificaran e executaran actuacións de mellora sobre aquelas poboacións cinexéticas que poidan ser afectadas negativamente polo raposo.
No tocante ao aproveitamento cinexético da cabra montés, está prohibida a súa caza excepto nos Tecor do Xurés especificados no plan de aproveitamento cinexético aprobado pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza, aumentándose o período de caza para esta especie respecto ao da tempada anterior, ao permitir a súa caza dende o 15 de setembro de 2016 ata o 15 de marzo de 2017.
Mediante a modalidade de cetraría, permítese a caza da gaivota chorona común (Larus ridibundus), corona clara (Larus argentatus), estorniño pinto (Sturnus vulgaris), pega rabilonga (Pica pica) e corvo (Corvus corone), tanto en terreos de réxime cinexético común como especial, durante todo o ano, agás nos meses de abril, maio e xuño. Nos terreos de réxime cinexético especial con autorización do titular do aproveitamento e nas zonas libres de caza, con autorización da persoa titular do órgano territorial de dirección competente en materia de conservación da natureza.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



