O derradeiro día para que empresas e entidades sociais de toda a provincia poidan concorrer ás axudas do Ben Empregado 3 é este mércores 19 de outubro. Está dotado con 2,3 millóns de euros para sufragar os gastos laborais e salariais pola contratación de parados lucenses durante un ano. En www.deputacionlugo.gal está toda a documentación a presentar no Rexistro Xeral da Deputación ou en calquera das dependencias administrativas recollidas no artigo 38.4 da Lei 30/1992.
O Ben Empregado 3 contempla 2 liñas de actuacións:
– Unha dirixida a empresas lucenses, ás que a Deputación ofrece subvencionar o 50% da contratación de desempregados lucenses e o 100% no caso de que os parados sexan persoas con capacidades diferentes ou en risco de exclusión laboral. Por exemplo, mulleres vítimas de violencia de xénero, cidadáns con problemas sensoriais, físicos ou psíquicos, ex-reclusos ou veciños de etnia xitana, entre outros.
– A segunda liña de actuación está dirixida a entidades e colectivos sen ánimo de lucro. Neste caso, a Deputación subvencionará ao 100% a contratación de desempregados lucenses.
Nesta terceira convocatoria, establécese un máximo de 22.000 euros de subvención por empresa ou entidade, coa que sufragar os custos laborais e salariais dos traballadores, polo que as empresas e entidades poderán contratar o número de traballadores que necesiten, respectando, sempre, os seus dereitos laborais.
Requisitos
As subvencións a empresas e entidades serán por réxime de concorrencia competitiva. Poderán concorrer ás mesmas todas as empresas e entidades sociais da provincia, agás aquelas que se beneficiasen do Ben Empregado 1 e 2 e non contrataran finalmente aos traballadores que lles subvencionou a Deputación durante un ano.
Esta 3ª edición do programa Ben Empregado, ten un marcado carácter social, co que se busca, ademais de seguir xerando empregos de calidade na provincia e blindar os dereitos laborais dos traballadores, dignificalos coa incorporación de máis cláusulas sociais.
Polo tanto, ademais das melloras con respecto aos convenios; valoraranse, positivamente, as propostas que impliquen contratacións indefinidas de traballadores; que inclúan medidas de conciliación, cursos de formación ou melloras no sistema produtivo. Estas cláusulas sociais incorporaranse nos contratos laborais dos traballadores.
As empresas e entidades beneficiadas terán a obrigación de cumprir coas cláusulas sociais. De non facelo, perderán a subvención. A Deputación establece máis medidas de control. Por exemplo, os 10 primeiros días de cada mes terán que notificar ao organismo provincial, con documentación oficial, o ingreso das nóminas aos traballadores.
Capacidades diferentes
Ao respecto da contratación de persoas con capacidades diferentes ou en risco de exclusión laboral a Deputación conta con máis de 300 perfís profesionais que serán trasladados ás empresas e entidades beneficiarias, co fin de facilitar a contratación destes profesionais.
Unha das novidades é a posta en marcha, dende a Deputación, dun Servizo de Intermediación Laboral para axudar aos traballadores a integrarse nas empresas e entidades nas que sexan contratados. A outra é que o organismo provincial sufragará o equipamento que sexa necesario para que as persoas con capacidades diferentes leven a cabo o seu traballo.




















A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



