A Universidade de Santiago de Compostela abre este mércores e ata o 21 de outubro incluído un novo prazo de matrícula para estudar no Campus de Lugo. Haberá outro período de matriculación do 24 ao 26 deste mesmo mes. Durante ambos os dous prazos, a Deputación de Lugo ofrece descontos do 50% na matrícula para 10 titulacións da universidades luguesa. Estes son para primeiros estudantes do Campus. As solicitudes ou consultas poden facerse en www.paraestudarlugo.com; www.deputacionlugo.gal e www.usc.es.
As 10 titulacións no Campus de Lugo con bolsas da Deputación son: Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais; Grao en Enxeñaría Civil; Grao en Enxeñaría en Xeomática e Topografía; Grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria; Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural; Grao en Lingua e Literatura Españolas; Grao en Ciencias da Cultura e Difusión cultural; Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos; Grao en Xestión de Pequenas e Medianas Empresas; e Grao en Administración e Dirección de Empresas.
Ao mesmo tempo que se solicita a prazo nunha destas titulacións, pídese a beca da Deputación para aforrar a metade do custo da matrícula.
Por que estudar en Lugo?
“Para estudar Lugo” pon en valor as vantaxes de estudar en Lugo. Algún deles son a formación e a especialización que ofrece a USC lucense, a calidade de vida que ofrece a provincia luguesa ou os prezos no aluguer vivenda, que son os máis baixos de Galicia.
Ademais, o Campus Terra da USC constitúe unha alternativa universitaria moi a ter en conta polos estudantes que están a piques de comezar os seus estudos de grao porque a sede universitaria luguesa é garantía de “máxima calidade” académica e científica, ao tempo que presenta as taxas de matrícula máis baratas de todo o panorama universitario español, grazas ao plan de achegas impulsado pola Deputación Provincial de Lugo e a USC.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



