Representantes das organizacións con representación na Mesa Sectorial CIG-Saúde, UGT, SATSE e CSI-F, concentráronse este xoves diante do Hospital da Costa para denunciar o carácter fraudulento das contratacións sucesivas de persoal para cubrir prazas estruturais no SERGAS e demandar a súa cobertura atendendo á legalidade vixente no pacto de contratación.
Adolfo Corral , de CIG SAÚDE, explicou que no Servizo Galego de Saúde xa existen sentenzas nas que se recoñece o carácter fraudulento da contratación e declaran a condición de persoal interino do/a profesional denunciante.
Xunto a isto lembrou que as organizacións sindicais veñen demandando desde o ano 2010 que todas as prazas estruturais se cubran con persoal interino procedente das listas de contratación e atendendo ao criterio de prelación. “A xente está ordenada nesta lista por ter superado máis dun proceso selectivo sen acadar praza; por acreditar moitos anos de experiencia profesional e pola súa formación, que engade valor ao traballo”.
Segundo Corral a normativa laboral vixente no SERGAS é precisamente a que establece que se sigan estes criterios nos procesos de contratación. Porén, denuncia que o seu incumprimento está a levar a moitas/los profesionais a denunciar a súa situación laboral irregular.
Diante disto, Corral considerou que ten que ser o SERGAS quen orden o cadro de persoal segundo vén recollido no Estatuto Marco e na Lei de Emprego de Galiza e non os xulgados. Por iso reclamaron a inmediata convocatoria da Mesa Sectorial ao entender que a administración non se pode paralizar malia estar o goberno en funcións. “Non estamos falando de lexislar nin pactar nada novo, senón de cumprir a lei e aplicar as normas que xa existen”.
Os sindicatos denunciaron que “ao SERGAS inhibirse das súas responsabilidades está propiciando o enfrontamento das e dos profesionais creando un clima laboral hostil” e aseguraron que “é moi importante garantir a estabilidade das traballadoras e traballadores do sistema sanitario público galego porque isto beneficia a calidade asistencial”.
Neste sentido, Adolfo Corral alertou das dificultades que engade en ámbitos como primaria ou especializada a constante rotación e mobilidade do persoal.




















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



