Burela, 23 de outubro de 2016. Rematou en Burela o programa Coidamos-TEA, que “foi unha oportunidade para mellorar a atención ás persoas con autismo”, segundo explica a concelleira de Servizos Sociais, Patricia Otero. A edil socialista agarda que “poida ter continuidade no noso concello”. Neste programa participaron ao longo dos últimos meses familias de Viveiro, Cervo, Foz, Ribadeo, Mondoñedo e Burela.
Otero contou que “o pasado martes, 18 de outubro, tivo lugar a última xuntanza do programa Coidamos-TEA no Concello de Burela. De abril a outubro do presente ano, unha vez ao mes, celebráronse na Aula de Familia, sita na Casa da Cultura, os encontros do programa Coidamos-TEA, densenvolvidos pola Federación Autismo Galicia, financiados pola Fundación Barrié e a Fundación Roviralta, e en colaboración co noso Concello. Burela foi a sede de ditas, pero nas mesmas participaron, ademais de familias de Burela, familias de Viveiro, Cervo, Foz, Ribadeo e Mondoñedo”.
A concelleira de Servizos Sociais subliñou que “o obxectivo deste programa é proporcionarlle ás familias das persoas con TEA un lugar de encontro onde obter información profesional e especializada sobre o autismo e compartir experiencias. Profesionais especializados de Autismo Galicia foron os encargados de levar a cabo estes encontros mensuais nos que se buscaba dar unha resposta ás necesidades das familias, tales como apoio no fogar, oportunidade de aprendizaxe, xogo e habilidades sociais, apoio psicolóxico, recursos e axudas sociais… Este programa foi unha oportunidade para mellorar a atención ás persoas con autismo, tanto dende a familia como dende o seu entorno máis próximo , como son os servizos sociais dos Concellos”.
Para Patricia Otero “estas xornadas foron tan ben acollidas que ademais de celebrar os encontros mensuais coas familias, tamén se levaron a cabo, coa mesma regularidade, encontros cos profesionais dos servizos sociais dos distintos Concellos, e inclusive celebrouse unha xornada a maiores, a deste 18 de outubro, que en principio non estaba prevista xa que a data de remate das mesmas era o 19 de setembro”.
A concelleira de Servizos Sociais agarda que “en vista da boa acollida que tiveron estas xornadas, dende a Concellería de Servizos Sociais de Burela, esperamos que as mesmas poidan ter continuidade no noso Concello”.






















A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



