O Grupo Municipal de Foz Plataforma de Futuro, Luís Alfonso Sixto Legaspi, Juan Luís González Riveiro e María Peña Rubiños Fernández a través do seu voceiro Luís Alfonso Sixto Legaspi presenta para o seu debate e aprobación no pleno deste Concello a seguinte moción:
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Tras ser aprobada por unanimidade no pasado mes de Novembro esta mesma petición por parte de toda esta Corporación Municipal, realizar unha pregunta no Pleno do mes de Abril, a resposta foi a mesma por parte do equipo de Goberno e inclusive pola portavoz do BNG, que ía ser difícil que se lle concedera o CIM ó Concello de Foz porque tíñamos un convenio firmado co Concello de Burela.
Tras solicitar distintos informes durante este tempo, inclusive ós servizos de Asuntos Sociais,os cales temos no noso poder, e se nos informa neles que nestes momentos “o Concello de Foz non ten convenio firmado con ningún Concello” , solo nos queda pensar dúas cousas: ou o equipo de Goberno deste Concello non coñece a realidade dos Asuntos Sociais ou se minteu a todos os veciños do noso Concello sendo conscientes delo.
Despois de todo o anteriormente exposto dende “Foz,Plataforma de Futuro” entendemos que non hai razóns para non presentar tal proposta ó organismo correspondente, neste caso, a Consellería de muller,xuventude e igualdade da Xunta de Galicia. Eles serán os encargados de ditaminar si é factible ou non que o Concello de Foz dispoña dun CIM no nos Concello.
Dende FPF cremos que temos que loitar polas nosas mulleres, para que teñan en Foz un centro cos profesionais axeitados para informarse de todo aquilo que precisen,ben sexan, casos de violencia de xénero, divorcios, tramitación de papeis, asesoría xurídica, dependencia, autoemprego, etc. Ademais de impartir cursos e charlas destinadas a este sector feminino, que lembremos que actualmente é aproximadamente o 60% da poboación do noso Concello.
Intentemos quitarlle o gasto e o tempo que empregan en desprazarse ó Concello veciño de Burela, que na actualidade as está atendendo por boa vontade,(non como se nos dixo dende o equipo de goberno porque haxa Convenio asinado) o cal dende “Foz,Plataforma de Futuro” agradecemos
Por todo o anteriormente exposto e os numerosos veciños e veciñas que no lo pediron propoñemos á Corporación Municipal a aprobación do seguinte acordo:
-Instar ó Equipo de Goberno do Concello de Foz a facer as xestións necesarias para solicitar un Centro de Información á muller (CIM) para o noso Concello.



















Na presentación participaron o delegado territorial Javier Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



