Cervo, 26 de outubro de 2016. O Concello de Cervo, a través da Delegación de Asuntos Sociais e Igualdade convoca a décima edición do concurso de narración Carta a un maltratador con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero, que se conmemora o 25 de novembro. O certame foi presentado este mércores polo alcalde, Alfonso Villares, e a concelleira Pilar Armada.
O obxectivo desta iniciativa é sensibilizar sobre a igualdade de oportunidades e previr a violencia de xénero. Está destinado a maiores de 12 anos empadroados no Concello de Cervo e cada autor poderá presentar cantos traballos desexe, acompañando cada un deles dunha folla cos seus datos persoais. As cartas deben estar escritas en galego e poden presentarse nas oficinas do Concello de Cervo ou na Casa do Mar, de San Ciprián. O prazo para a presentación das cartas remata o 18 de novembro deste ano.
Nas bases tamén se establece que o xurado seleccionará unha carta gañadora e o premio será de 100 euros para gastar en calquera establecemento comercial ou hostaleiro do municipio. Ademais o autor ou autora da carta gañadora terá que asistir ao acto público en contra da violencia de xénero que se celebrará na Casa da Cultura de San Cibrao o día 26 de novembro, sábado, para ler o seu escrito.























Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.



