Burela, 27 de outubro de 2016. O alcalde, Alfredo Llano, mostra a súa satisfacción trala visita deste mércores da conselleira de Infraestruturas e o anuncio da entrada en servizo do acceso ao porto prevista para a primeira quincena do vindeiro mes de novembro. O rexedor asegura que se trata dunha obra moi importante, que favorecerá moito o desenvolvemento económico do porto. Llano tamén anunciou que o Concello vai potenciar toda a zona de paseo que vai desde o Cantiño ata o peirao e lembra que se habilitará un mirador nas inmediacións do hipocausto que se atopa preto dese acceso.
O alcalde burelés comentou que “onte estivemos mirando que o acceso ao porto vai ser unha realidade posiblemente na primeira quincena do mes de novembro, data na que quedará aberto a todo tipo de vehículos”.
Alfredo Llano salientou que “é unha obra importantísima, e eu creo que isto xera unha satisfacción colectiva extraordinaria dado que levamos moitísimo tempo con esta obra. Hai que ter en conta que son 1.260 metros de lonxitude, pero que levou tempo polas súas circunstancias especiais porque houbo bastantes a verdade é esa. Houbo cousas moi complicadas como por exemplo o cambio de trazado da vía porque había un problema pola estabilidade do chan. Foron aparecendo pouco a pouco problemas que se foron arranxando e agora estamos a piques de rematala xa para culminar esta obra, que é importantísima para o noso concello”.
O rexedor considera que “vai favorecer moitísimo o desenvolvemento económico e social do noso porto ao poder levar o noventa e nove por cen dos camións e dos vehículos pesados que circulen polo noso concello alí directamente, e saír de alí á estrada N-642 outra vez sen que vaian pola propia vila. Agora mesmo hai xente que estaba preocupada por iso e penso que se vai resolver este problema”.
O alcalde de Burela declarou que “tamén se nos vai dar quizás un problema de densidade de tráfico nalgunha zona e imos estar sobre un mes observando qué é o que ocorre con este tráfico e posiblemente haberá que regular algunha das zonas unha vez que salgan do porto para incorporarse ao casco urbano cara ao centro. Pero imos observalo porque agora hai unha previsión, pero hai que ver como se vai dando”.
Alfredo Llano engadiu: “hai que dicirlle á xente que somos moitos os afeccionados a dar paseos polos diferentes paseos marítimos, que vai haber unha zona moi bonita desde a conexión do paseo marítimo do Cantiño que vai cara ao porto, vai pasar ademais polas instalacións de hipocausto que se vai preparar para que sexan visitadas, vai haber un panel onde se vai explicar como foi localizado e para que servía. Son unhas ruínas da época romana e polo tanto pensamos que vai ser moi interesante todo o que hai alí. Ademais hai unha vista moi bonita así que pode servir de miradoiro de todo o que se ve alí do porto e do mar”.
Finalmente o rexedor burelés manifestou que “tamén cando saibamos como vai quedar todo vou reunirme con Patrimonio para favorecer unha baixada desde o hipocausto ao porto e así se fai un paseo completo. Por outro lado hai unha zona na rotonda que está conectada coa N-642 onde imos facer un paso que vai utilizar unha ponte da vía do tren para tamén enlazar co paseo marítimo. Estámonos preocupando de que por un lado o acceso ao porto sexa moi vantaxoso para o tráfico rodado, pero tamén queremos que ao mesmo tempo se poida aproveitar para toda a xente que teña ánimo de andar por esa zona que pasee da maneira máis agradable posible”.





















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



