Burela, 2 de novembro de 2016. Este xoves 3 de novembro desde as oito da mañá ás sete da tarde estará cortada ao tráfico a vella nacional 642, no Perdouro, co obxectivo de rematar os traballos de construción dunha rotonda nas inmediacións do novo acceso ao porto burelés. A entrada e saída natural a Burela durante a xornada deste xoves farase a través da rotonda do Hospital da Costa, segundo deu a coñecer este mediodía o alcalde, Alfredo Llano.
O rexedor explicou que “mentres se estea a actuar nesa zona do Perdouro non se poderá acceder nin saír de Burela a través desa estrada, da vella N-642. Hoxe pola tarde imos informar a todas as empresas que hai por alí para que lles digan aos seus clientes que disporán dunha vía de servizo para ir dar a esa zona industrial do Perdouro, á que se chega desde preto do Hospital da Costa. Tamén poderán facelo a través da variante pasando por debaixo dunha ponte preto da Seat. Estas dúas posibilidades, estas dúas vías, estarán perfectamente sinalizadas”.
Llano subliñou que “como norma xeral a entrada e saída a Burela farase a través da rotonda do Hospital da Costa. Será en horario de oito da mañá a sete da tarde. É posible que se remate antes, pero preferimos establecer este prazo para que se poida traballar con comodidade. A Policía Municipal estará pola zona para informar debidamente aos condutores destes cambios puntuais no tráfico rodado, que se producirán mañá en Burela”.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



