A Acial de Lourenzá organizaba dous eventos este domingo 6 de novembro: 277 persoas puideron degustar ás 14.00 horas unha paella Xigante no recinto feiral feita polo Catering Sarredo de A Pontenova e ás 17.30 horas deu comenzo a segunda edición da Vilou Fashion, un desfile para presentar as novidades para este outono-inverno tanto en calzado, roupa como en peiteados e maquillaxe, nel participaron 6 tendas e 3 peluquerías socias da ACIAL. A pasarela foi deseñada e realizada por Muebles Huertas, a decoración floral foi a cargo de Cabaleiros Xardín.
As tendas participantes foron: Mercería Puntadas, Ana Sport, Mercería moda Conde Santo, Eros Moda, Boutique Geno e Calzados e complementos Charlot. En peluquería e maquillaxe puideronse ver as propostas de Peluquería e Estética Reyes, peluquería e Estética Teresa e Peluquería Mª José. As tendas contaron coa participación duns 160 modelos, de idades comprendidas entre os 6 meses de idade ata os 72 anos. Pola pasarela desfilaron moitos laurentinos, así como doutros concellos veciños coma Mondoñedo, Abadín, Riotorto, Barreiros…
O desfile contou con gran afluencia de xente, sendo a entrada do mesmo gratuita. Cada tenda participante donou un agasallo que foi sorteado ao final do mesmo. O Diñeiro recaudado tanto na paella como nas rifas que se venderon para os sorteos irán destinados á celebración do Carnaval 2017, o Domingo de Piñata de Lourenzá.
Dende a directiva da ACIAL agradecen a colaboración do concello de Lourenzá, da Asociación Conde Santo, de Muebles Huertas, de Cabaleiros Xardin, das tendas e peluquerías participantes, dos modelos, e de tódolos os que os acompañaron ese día tanto na paella coma no posterior desfile.
“Estamos moi contentos co resultado destes dous eventos, a resposta que tivemos foi moi positiva, danos ánimos para seguir traballando, para seguir facendo cousas en prol do noso comercio, dos nosos autónomos. Da ACIAL formamos parte 70 socios de sectores moi diversos polo que non sempre é doado buscar actividades ou realizar eventos que nos poidan beneficiar a todos. Lourenzá é un pobo pequeño, pero que por sorte ten un amplo abanico que cubre prácticamente tódolos sectores. Agardamos que este desfile fose un pequeno escaparate das moitas cousas que se poden encontrar en Lourenzá”.




















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



