Felgos, bichería, madeiras podres, lixo e basuras, herbas do tamaño de arbustos, escombros, naves abandoadas, obras defectuosas.
Un ecosistema. A descripción do estado dos parques públicos, zonas infantís, do muelle de Viveiro sen derrubar pola actitude de nena de teta, unha avd de Cervantes anagada, deshumanizadas e desatendidas as zonas periféricas, un longo, etc.
Levamos anos vendo o pasotismo. As naves da feira en silvas, bancos tirados en Xunqueira, marquesinas de bus rotas, falta de beiraruas, columpios oxidados ou sen arranxar, pistas de queixo gruyere…
A oposición denuncia feitos. Fai o que o votante dixo nas urnas, exixir responsabilidades, co papel de auriga cuncuspicible. O obxetivo, mellorar o pobo, é obriga ética e política denunciar a deixadez.
A excusa de mal pagador. Los vecinos nos tienen que alertar. La culpa es de la gente que no cumple con sus obligaciones. Nos falta personal, No hay dinero (Temos 12 millóns de euros)… A plantilla coma Ferrol, tema tabú de Thirller, afóganos en inversión económica e social. Non nos den peixe ensínennos a pescar. Irresponsabilidade na conciencia ecolóxica e nos plans de beleza urbán. Un despiste e descontrol en mantemento.
La Xunta nos maltrata, o victimismo da condea ó ostracismo, moitas destas obras dependen do ente provincial, a Deputación, que prefire gastar en publicidade política que en feitos. Tamén se dice dunha web turística de plantilla que é barata costando 650.000 pts, contratada por amizade. ¿Cómo se van dar subvencións que nin se presentan ou non se cubren con xeito? ¿Cómo van estar atentos de nós se non somos capaces de facer relacións con outros organismos? Ninguén nos vai vir a sacar a tixola do lume, o que non chora non mama.
Aquí aplícase a Séneca: Súfrase, e non se reprenda o que excusar non se pode.
Metas: Coodinarse, buscar o pan, creatividade nas rúas, nos parques, nas áreas históricas, arboledas, esculturas, xacementos arqueolóxicos, potenciación industrial e laboral (TÍvose oportunidade de crear un Centro de Negocios e foi soterrado pola ignorancia). Unha folla de ruta para un Viveiro fermoso e con vida, para visitantes e veciños. Temos moito potencial que explotar, unha canteira chea de xoias, que se non se labran son rochas.
Antonio Lage-Seara



















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



