A Deputada de Medio Ambiente, Sonsoles López Izquierdo e 20 alumnos de FP do Centro Alta Montaña, do Concello de Becerreá visitaron este xoves empresas consolidadas na provincia, que están a recibir formación e asesoramento gratuíto para emprender, a través do IV Campus de Emprendemento Sostible. Estes estudantes súmanse aos outros 40 participantes do I.E.S San Rosendo, en Mondoñedo, e do I.E.S. A Terra Chá José Trapero Pardo, en Castro de Rei, que xa comezaron coa súa formación.
López Izquierdo subliñou que “a través deste plan, impulsamos o emprego na provincia ofrecendo a emprendedores formación, asesoramento individualizado e coñecemento sobre iniciativas empresariais consolidadas. Ademais, ofrecemos visitas ás empresas, como hoxe, co obxectivo de abrir novos negocios ou reconverter os existentes, facéndoos máis competitivos e incrementando os seus beneficios”.
Por primeira vez, esta programación impártese nos 3 centros públicos da provincia que ofrecen ensinanzas superiores sobre produción agropecuaria, xestión forestal e do medio natural. Trátanse do IES San Rosendo, en Mondoñedo; do IES A Terra Chá José Trapero Pardo, en Castro de Rei; e do Centro Alta Montaña, en Becerreá.
A Deputada de Medio Ambiente e os estudantes do Centro Alta Montaña comezaron a xornada visitando Vida de Aldea, unha explotación gandeira, principalmente láctea, de Outeiro de Rei, que traballa nun proxecto de impulso ao medio rural e de implicación directa do consumidor cos produtos agrogandeiros para tentar eliminar intermediarios con motivo da baixa do prezo do leite. Durante esta visita, o responsable da empresa Volta ó Sacho, explicou o seu proxecto, xa que él era un empresario de vernizados que, tras á crise, se reconverteu á agricultura ecolóxica. Para rematar o recorrido, visitaron o obradoiro de Idoia Cuesta, recoñecida artesán de cestería e téxtil, que xa traballa a nivel internacional.
Campus aberto ao público
O 4º curso está aberto ao público en xeral, con prazas para 20 persoas, e terá lugar no Centro de Interpretación de Terras do Miño, durante a semana do 21 de novembro. Este curso en aberto do Campus chámase Maduración da Idea Empresarial, pois está dirixido a persoas que xa teñen máis avanzada a súa idea de negocio.
Así, ofrecerase asesoramento sobre a viabilidade comercial, técnica, legal, medioambiental ou económica-financeira dos proxectos, que se complementará con visitas a empresas consolidadas como Milhulloa, Granxa Maruxa, Parada das Bestas ou Arqueixal. Rematadas as clases teóricas e prácticas, haberá titorías individuais para un asesoramento máis personalizado co obxectivo de culminar as ideas empresariais.
O prazo de solicitude para o Campus de Maduración da Idea Empresarial está aberto. Máis información en www.deputacionlugo.gal e no 982227812.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



