Viveiro, 11 de novembro de 2016. A segunda mesa redonda das Xornadas de Comunicación, Gastronomía e Promoción do Turismo no Litoral de Lugo, promovidas pola Federación de Comercio A Mariña, celebrarase este sábado 12 de novembro, a partir das oito da tarde no salón multiusos do Concello de Viveiro con entrada libre e gratuíta. Participarán os xornalistas David del Cura, de Onda Cero; Javier Cancho, da Televisión do Principado de Asturias; e José Manuel García, da Radio Galega. A mesa redonda será moderada por Carmen Cruzado, de Faro Norte Comunicación.
Ao acto confirmaron a súa asistencia a directora de Profesionalización de Turismo de Galicia, Marta Fernández; a responsable de Economía e Facenda da Deputación de Lugo, Mayra García; o presidente de Galp A Mariña-Ortegal, Basilio Otero; a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, a concelleira de Turismo viveirense, Marisol Rey; o deputado do PP no Congreso e concelleiro en Viveiro Jaime de Olano; así como outros representantes municipais, comarcais, provinciais e autonómicos.
Paralelamente ás Xornadas celébrase a Festa do Mexillón este venres e sábado en doce establecementos hostaleiros asociados ao Centro Comercial Histórico de Viveiro:
– Mesón A Baiuca.- Mejillón en crema gorgonzola
– Restaurante O Muro.- Crepe de Mejillón
– Bar La Fontana.- Mini Burguer de mejillón con escabeche
– Gastro-Bar Los Leones.- Mejillón al vapor, su caldo y azafrán
– Restaurante Casa Pepi.- Saquito de verdura, pulpo y mejillón
– Bar o Atallo.- Mejillones en salsa brava
– Bar Calviño.- Mejillones al vapor en salsa de vieira
– Asador la Quinta.- Ceviche de mejillón
– Mesón O Recuncho.- Secretos de mejillón
– O Rincón do Tronco.- Falsa vieira de mejillón con gamba
– Parrillada Nova Esmorga.- Croqueta melosa de mejillón con salsa de batea y plancton
– Mesón A Ria.- Suprema de mejillón al queso azul
As Xornadas de Comunicación, Gastronomía e Promoción do Turismo no Litoral de Lugo son promovidas pola Mariña Federación, organizadas por Faro Norte Comunicación e contan co respaldo do Galp A Mariña-Ortegal. Neste 2016 celebráronse xa en Foz e este fin de semana desenvólvense en Viveiro. Será xa no próximo ano 2017 cando leven a cabo en Burela, Xove, O Vicedo e Ribadeo.






















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



