Burela, 11 de novembro de 2016. A Aula de Familia do Concello burelés acollerá os venres, a partires do vindeiro 18 de novembro, encontros semanais entre profesionais e familias de nen@s diagnosticad@s de TEA e trastornos da linguaxe. Este mediodía presentouse na Casa do Concello o proxecto de atención a familias de nen@s con autismo da Mariña lucense. No acto participaron o alcalde, Alfredo Llano, a concelleira de Servizos Sociais, Patricia Otero, a presidenta da asociación Capaces Lugo, María Mosquera, e a coordinadora do proxecto, Ángeles Fernández.
Otero contou que “a raíz dos encontros levados a cabo pola Federación de Autismo de Galicia, a través do proxecto Coitamos-TEA, en colaboración coa Concellería de Servizos Sociais, dirixido a familias de rapaces e rapazas con trastorno do espectro autista (TEA), detectamos que había que darlles continuidade a esas actividades que tivemos hai algunhas semanas. De aí que o noso obxectivo sexa o de dar resposta ás necesidades de información e orientación especializada en TEA, así como a posta en común das experiencias destas familias”.
A concelleira de Servizos Sociais explicou que “se ben é certo que en Burela contamos co centro de atención temperá, que atende á poboación infantil de 0 a 6 anos nas necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos con trastorno no seu desenrolo ou que teñan risco de padecelos, o que detectamos na Mariña foi unha carencia no relativo ás familias, na falla de servizos específicos para atendelas, en contar cun programa de apoio para as familias que teñen nen@s con TEA. Consideramos que é necesario adoptar medidas de traballo encamiñadas a proporcionar coñecementos básicos sobre aquelas necesidades que se presentan nestas primeiras etapas de vida dos nosos fillos e fillas e que, desde a perspectiva do traballo en común, se tratan e debaten co obxectivo fundamental de atopar itinerarios de vida que faciliten tanto o tránsito d@s nen@s como das súas propias familias, posto que esta é o pilar fundamental sobre o que se asenta o benestar da propia persoa con TEA”.
Patricia Otero subliñou que “este programa busca formar ás familias en ferramentas e estratexias para aplicar cos seus fillos no entorno familiar, informalas sobre os dereitos e obrigas ao respecto dos seus fillos con esta problemática e favorecer o benestar biopsicosocial das familias de persoas con TEA. En Burela vanse celebrar encontros semanais todos os venres destinados a persoas con familiares diagnosticados de TEA ou con sospeita de telo na Mariña luguesa”.
Eses encontros serán os venres en horario de 12:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas na Aula de Familia do Concello, sita na Casa da Cultura, agás os primeiros venres de mes nós que só se desenvolverán pola mañá. A actividade dará comezo o vindeiro 18 de novembro.






















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



