Cervo, 11 de novembro de 2016. A 7.398.268 euros ascende o orzamento do Concello de Cervo para o 2017, un 18 por cento máis que os do exercicio actual. Os investimentos son de 1.050.000 euros e a partida de gastos persoal é a máis elevada con 2.847.000 euros. Estes presupostos foron presentados este venres polo goberno municipal aos grupos da oposición.
Alfonso Villares manifestou que “hoxe pola mañá acaba de ter lugar a comisión especial de contas que fixemos no Concello de Cervo para abordar sobre todo un tema moi importante para o Concello e para todas as administracións, como son a elaboración e a presentación dos presupostos. Nós, desde o goberno do Concello de Cervo, xa temos elaborados os presupostos e hoxe nesta comisión o que fixemos foi presentárllelo aos distintos grupos da oposición”.
O alcalde de Cervo asegurou que “son uns presupostos onde xa temos as súas cifras globais e falamos dun orzamento nivelado en ingresos e gastos dun total de 7.398.267,77 euros; iso supón un 18 por cento máis do presupostado para este ano 2016”.
A concelleira de Facenda, Dolores García Caramés, detallou que “en concreto na partida de gastos temos un total de 2.847.000 euros para gastos de persoal. Hai 2.825.000 euros para gastos correntes; 8.000 euros para intereses; en transferencias correntes, 401.000; para investimentos reais temos 1.050.000 euros; e en pasivos financeiros, 266.000 euros”.
A edil salientou que “no apartado de ingresos temos en impostos directos 2.548.000 euros, 223.000 euros en impostos indirectos, en taxas e outros ingresos 3.080.000 euros, en transferencias correntes 1.143.000 euros e en ingresos patrimoniais 18.000 euros. Ademais en transferencias de capital, que estamos a falar de subvencións por parte doutras administracións, 385.000 euros”.
Villares subliñou que “son unhas cantidades que ao final conforman estes cerca de 7,5 millóns de euros de presuposto que ten o Concello de Cervo para o ano 2017. Son uns presupostos inversores, ademais de prudentes e realistas, que ademais dan continuidade a un proxecto para garantir sobre todo a prestación de todos os servizos coa mesma calidade que ata agora desde o Concello de Cervo. Creo que tamén unha das súas características é que están orientados basicamente ás areas estratéxicas que están relacionadas co benestar dos nosos veciños”.
Ademais o alcalde de Cervo anunciou que “agora o seguinte trámite será levar a pleno estes presupostos, sesión que convocaremos en vindeiras datas”.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



