Ribadeo, 15 de novembro de 2016. A Asociación de Profesores de Automoción de Galicia organiza para o día 26 deste mes as IV Xornadas Internacionais de Difusión de Proxectos Europeos nas que participarán como poñentes profesores chegados de Austria, Croacia e Portugal. A actividade enmárcase dentro da Semana Europea da Formación Profesional.
O presidente de Apaga, Álvaro Doural, contou que “dentro das directrices da Unión Europea na Formación Profesional hai uns días a UE sacou unha convocatoria para a potenciación da Formación Profesional, na que hai unha serie de actividades programadas ao longo do ano”.
Doural anunciou que “nós desde Apaga imos desenvolver o día 26 de novembro unha actividade que se ven realizando desde hai catro anos que son as Xornadas Internacionais de Difusión de Proxectos Europeos cun slogan que é a Innovación da FP mediante a Mobilidade de Alumnos e Profesores. Pensamos que esas estancias formativas tanto de alumnos como profesores son elemento importante na innovación e no cambio nas accións de mellora no que é a Formación Profesional”.
O presidente de Apaga detallou que “se vai desenvolver esta xornada de traballo en dúas partes, unha pola mañá que vai ter a participación de dous profesores de Austria, outros dous profesores de Croacia e un profesor de Portugal. Vanse analizar os distintos sistemas educativos de Formación Profesional, especialmente no que é referente ao sector do automóbil”.
Álvaro Doural engadiu que “pola tarde vaise traballar en todos os proxectos que estamos a desenvolver, especialmente no que se vai poñer en marcha a partir de marzo que vai ser o de Coñecemento e Formación para a Empregabilidade, que vai traer consigo a mobilidade de 44 profesores e con saídas a 11 países da Unión Europea”.
Doural subliñou que “con este proxecto dáse un importante impulso ao que é a relación con outros países da Unión Europea na formación. Esa tarde vaise dedicar aos 22 centros do consorcio que forman este proxecto coa coordinación da nosa asociación, todo o que é as accións de mobilidade, a difusión neses centros, a selección de candidatos, a información económica e os programas formativos a desenvolver nesas estadías. Son estadías ás que van ir catro profesores e van estar cinco días no país de acollida”.
O responsable de Apaga salientou que “a do 26 de novembro é unha xornada moi intensa, pero que creo é moi interesante para a potenciación da Formación Profesional. Unha vez máis estamos aí intentando mellorar e penso que todos os medios que sirvan para apoiar á formación profesional son sempre poucos”.
Álvaro Doural indicou que “Ribadeo tamén vai estar presente no mapa conceptual que xa está neste momento colgado na rede con todas as actividades que se fan en toda Europa, no cal é fácil que cada un vexa a actividade e o programa dela. Esta actividade está aberta a profesores e coordinadores de accións europeas de centros da Mariña que estean interesados en asistir. Simplemente teñen que enviar un correo electrónico a apagaribadeo@gmail.com, non ten custe ningún e nosoutros encantados de que a xente que estea interesada poida vir ata aquí. Hai algunha xente de empresa que xa comunicou a súa asistencia e tamén está aberto a todas as forzas vivas da formación profesional tanto ás empresas como aos alumnos como aos centros. Todos están convidados a participar nesta xornada de traballo, que penso que pode ser francamente interesante coas achegas que poidan facer estes profesores e cos que a asociación xa ten traballado”.
O presidente de Apaga rematou a súa intervención sinalando que “esta xente, os mestres que chegan de Austria, Croacia e Portugal, van estar aquí en Ribadeo algún día máis e imos aproveitar para darlles a guía turística que a asociación fixo hai uns meses. Haberá ademais sobre 30 participantes procedentes de Ferrol, Pontevedra, Verín e tamén faremos por videoconferencia unha conexión con participantes de Pamplona e de Murcia”.





















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



