Empresas e colectivos sociais sen ánimo de lucro de 61 Concellos da provincia solicitaron á Deputación un total de 765 axudas económicas para contratar novo persoal a través do Ben Empregado 3, o programa que o Goberno Provincial decidiu reeditar para xerar novos postos de traballo na provincia con 2,3 millóns de euros.
O organismo provincial publicou en www.deputacionlugo.gal a listaxe das solicitudes incompletas para que os concorrentes corrixan erros ou deficiencias e continuar coas súas solicitudes. Cómpre destacar que o prazo para facelo é ata o venres incluído.
Aquelas entidades ou asociacións que non figuren en dita listaxe é porque teñen toda a documentación en regra, feito que non implica que xa sexan beneficiarias, pois a avaliación definitiva farase rematado este prazo de subsanación de erros.
765 solicitudes para 3 liñas de contratación
As 765 solicitudes recibidas por parte de empresas e colectivos sociais dos 61 Concellos lugueses son para as seguintes tres liñas de contratación, que acordou ofrecer o Goberno da Deputación:
– Liña 1 dirixida a empresas para a contratación de desempregados lucenses, onde a institución sufraga o 50% dos gastos laborais dos novos traballadores: recibíronse 490 solicitudes.
– Liña 2 dirixida a empresas para a contratación de desempregados lucenses con capacidades diferentes ou en risco de exclusión laboral, onde a institución sufraga o 100% dos gastos laborais dos novos traballadores co obxectivo de favorecer a súa inserción laboral unha clara aposta pola integración social: recibíronse 143 solicitudes.
– Liña 3 dirixida a colectivos sociais sen ánimo de lucro para a contratación de desempregados lucenses, onde a institución sufraga o 100% dos gastos laborais dos novos traballadores: recibíronse 132 solicitudes.
Solicitudes por zonas da provincia:
De 15 Concellos da Mariña, recibíronse 115 solicitudes: 72 son para a contratación de desempregados lucenses en empresas da zona (liña 1); 22 para a contratación de parados con capacidades diferentes ou considerados en risco de exclusión laboral tamén en entidades mariñás (liña 2); e 22 para a contratación de desempregados en colectivos sociais sen ánimo de lucro da Mariña.
Estes municipios son: Abadín, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada, Valadouro, Viveiro e Xove.
De 18 Concellos da zona Centro, recibíronse 378 solicitudes: 235 son para a contratación de desempregados lucenses en empresas da zona (liña 1); 66 para a contratación de parados con capacidades diferentes ou considerados en risco de exclusión laboral tamén en entidades da zona (liña 2); e 77 solicitudes para a contratación de desempregados en colectivos sociais sen ánimo de lucro do Centro lugués.
Estes municipios son: Lugo, Begonte, Castro de Rei, Muras, Castroverde, O Corgo, Cospeito, Friol, Guitiriz, Guntín, Meira, Outeiro de Rei, Pastoriza, Pol, Portomarín, Rábade, Vilalba e Xermade.
De 6 Concellos da Comarca de Sarria, recibíronse 94 solicitudes: 73 son para a contratación de desempregados lucenses en empresas da zona (liña 1); 15 para a contratación de parados con capacidades diferentes ou considerados en risco de exclusión laboral tamén en entidades desta Comarca (liña 2); e 6 solicitudes para a contratación de desempregados en colectivos sociais sen ánimo de lucro de Sarria.
Estes municipios son: O Incio, Láncara, Paradela, O Páramo, Sarria e Triacastela.
De 2 Concellos da Comarca da Ulloa, recibíronse 23 solicitudes: 19 son para a contratación de desempregados lucenses en empresas da zona (liña 1); 2 para a contratación de parados con capacidades diferentes ou considerados en risco de exclusión laboral tamén en entidades desta Comarca (liña 2); e 2 solicitudes para a contratación de desempregados en colectivos sociais sen ánimo de lucro da Ulloa.
Estes municipios son Monterroso e Palas de Rei.
De 10 da Montaña, recibíronse 59 solicitudes: 34 son para a contratación de desempregados lucenses en empresas da zona (liña 1); 19 para a contratación de parados con capacidades diferentes ou considerados en risco de exclusión laboral tamén en entidades da zona (liña 2); e 6 para a contratación de desempregados en colectivos sociais sen ánimo de lucro da Montaña.
Estes municipios son: Baralla, Becerreá, Cervantes, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro e Ribeira de Piquín.
De 10 da Zona Sur, recibíronse 87 solicitudes: 51 son para a contratación de desempregados lucenses en empresas da zona (liña 1); 20 para a contratación de parados con capacidades diferentes ou considerados en risco de exclusión laboral tamén en entidades da zona (liña 2); e 16 para a contratación de desempregados en colectivos sociais sen ánimo de lucro do Sur lugués.
Estes municipios son: Bóveda, Carballedo, Chantada, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, Quiroga, Ribas de Sil, Sober e Taboada.
Prazos e requisitos
Unha vez que este venres remate o prazo de subsanación de erros das solicitudes, avaliaranse de novo e no seu conxunto as mesmas para, entre finais deste ano e principios de 2017, publicar a listaxe das empresas e colectivos sociais que finalmente resulten beneficiados. Cómpre subliñar que quedarán fóra do Ben Empregado 3 aquelas entidades e colectivos que se beneficiasen do Ben Empregado 1 e 2 e non contratasen aos traballadores que lles subvencionou a Deputación durante un ano, unha vez que deixaron de recibir a axuda económica provincial.
Valoraranse positivamente as propostas que impliquen melloras na contratación con respecto aos convenios do sector, as que impliquen contratacións indefinidas, que inclúan medidas de conciliación, cursos de formación ou melloras no sistema produtivo, entre outras. Todas estas cláusulas sociais incorporaranse, obrigatoriamente, nos contratos laborais dos traballadores.
As empresas e entidades beneficiadas terán a obrigación de cumprir coas cláusulas sociais. De non facelo, perderán a subvención. A Deputación establece máis medidas de control. Por exemplo, os 10 primeiros días de cada mes terán que notificar ao organismo provincial, con documentación oficial, o ingreso das nóminas aos traballadores.
Entre finais deste ano e principios de 2017 tamén se publicarán os perfís laborais que requiren as empresas e asociacións que resulten beneficiadas do Ben Empregado 3, e se abrirá o prazo de solicitude dos novos postos de traballos para, exclusivamente, desempregados lucenses.
As subvencións da Deputación para empresas e asociacións serán dun máximo de 22.000 euros, cos que sufragar (nun 50% ou nun 100%, dependendo da liña) os custos laborais dos novos traballadores. Con este orzamento, as entidades e colectivos poderán contratar o número de traballadores que necesiten, respectando, sempre os seus dereitos laborais. Estas poden facer a súa propia achega económica.
Capacidades diferentes
Ao respecto da contratación de persoas con capacidades diferentes ou en risco de exclusión laboral a Deputación conta con máis de 300 perfís profesionais que serán trasladados ás empresas e entidades beneficiarias, co fin de facilitar a contratación destes profesionais. Unha das novidades é a posta en marcha, dende a Deputación, dun Servizo de Intermediación Laboral para axudar aos traballadores a integrarse nas empresas e entidades nas que sexan contratados. A outra é que o organismo provincial sufragará o equipamento que sexa necesario para que as persoas con capacidades diferentes leven a cabo o seu traballo.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



