Ribadeo, 17 de novembro de 2016. O alcalde, Fernando Suárez, asinou este xoves en Santiago de Compostela o acordo de colaboración cos 15 Concellos que participan na campaña Concellos en Negro contra a violencia de xénero, que da comezo este venres 18.
O rexedor ribadense manifestou que “con moita humildade, pero con toda a potencia e a ilusión Ribadeo tamén é un destes Concellos que acabamos de asinar este documento de colaboración aquí en Santiago de Compostela baixo o lema de Concellos en Negro contra a violencia, é dicir Ribadeo contra a violencia de xénero”.
Fernando Suárez subliñou que “o obxectivo é seguir traballando o tema, traballando contra esta lacra social. Ribadeo xa leva moitos anos traballando con excelentes profesionais, cos centros de ensino, traballando con todos os sectores educativos e sociais, pero agora tamén coordinados con outras forzas de ámbito local, con outros poderes locais, como varias cidades e varios Concellos de todo o país que levamos a cabo actuacións, porque isto ten que ser unha tarefa de todos”.
O alcalde declarou: “sabemos que tal vez desde o poder local non temos a potestade para cambiar as leis, pero temos a potestade para unirnos e para unificar a nosa voz para que sexa un paso máis para traballar e combater esta lacra que segue matando mulleres todos os días desgraciadamente. Se iso acontece é que algo non funciona, e que as leis quizais haxa que revisalas para que isto non sexa algo habitual, que haxa violencia de xénero como está habendo”.
Suárez Barcia salientou que “estas iniciativas, que o outro día a miña compañeira Mariluz Álvarez Lastra presentaba aquí en Ribadeo xunto a outros representantes de Acisa e doutros colectivos implicados, implicarán que a partir de mañá moitos comercios e locais estean adheridos así como centros educativos, o centro de saúde, en definitiva todos os sectores da cidadanía, económicos e tamén como non da administración local, estamos traballando todos a unha para que isto oxalá dentro de pouco soamente sexa pasado”.






















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
Estivo arroupado nun salón de actos repleto de xente.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.



