Lugo, 19 de novembro de 2016.- O Grupo Provincial do PP na Deputación de Lugo censura que o centro de recría Gayoso Castro tan só acumule demoras e incumprimentos na súa xestión e posta en marcha por parte do organismo provincial. Os populares cren que o proxecto é un dos mellores exemplos do fracaso do Goberno de Besteiro que, lonxe de encauzarse, con Darío Campos segue a acumular retrasos, está cheo de deficiencias e mantén obras sen rematar.
No mes de xaneiro o Goberno Provincial creou unha comisión técnica para retrasar a súa posta en funcionamento e agora, tras telo inaugurado en 2015, aínda din que faltan melloras por facer por importe de 300.000 euros, critica o PP. “O centro de recría só lles ten valido para saír nas fotos mentres destinaban millóns e millóns de euros sen que se avanzara na súa posta en funcionamento”, engade a voceira do Grupo Provincial do PP, Elena Candia.
Deficiencias pendentes de corrixir
O PP denunciou durante o seu goberno as deficiencias que presenta o proxecto e quere saber se estas foron xa corrixidas, agora que anuncian novos investimentos. En concreto, as obras non garanten o benestar animal e presentan problemas de bioseguridade. Un dos principais inconvenientes é o da xestión dos xurros, xa que non hai base territorial suficiente para depurar os residuos das 3.000 cabezas de gando. Só habería capacidade para o 20%. “A capacidade da balsa para recoller os xurros non é suficiente para cando teña o centro a pleno rendemento. Sería necesaria unha superficie maior ou un sistema de depuración, para poder verter estes residuos”, explica Candia.
Os populares advertiron no seu día da carencia dunha nave de corentena para os animais que entran no centro, non está previsto nin construído o molle de entrada , non se garante a seguridade sanitaria dos animais que están no centro cando entran os novos nin hai protocolo de entrada ou mesmo a inexistencia de todo o sistema de amamantamento na sala prevista para ese fin, así como, entre outras, deficiencias no peche perimetral, ao non estaren illados os animais e, polo tanto, tampouco se solicitou un informe de avaliación de protocolo sanitario.
Ata o de agora, desde que iniciou este proxecto, os socialistas só se preocuparon de gastar máis de 10 millóns de euros de orzamento na Granxa Gayoso Castro “para facerlle competencia os gandeiros, rematar co programa de mellora xenética de embrións e converter uns terreos que producían alimento en terreos completamente abandonados que obrigan a que con 280 hectáreas se estea comprando todo o alimento das vacas da unidade de leite”, precisa.
Abstención do PP no pleno de abril
Os populares aclaran que se abstiveron na iniciativa económica para a explotación e funcionamento do Centro de Recría da Granxa Gayoso Castro ao non aceptarse que quedara enriba da mesa este asunto con fin de chegar a un consenso entre todas as forza políticas ao entender que este Centro é moi necesario para o sector agrogandeiro e que o seu planteamento non era o axeitado.
O PP defendeu unha xestión indirecta, pero trasladaron as súas dúbidas sobre se debería ser unha concesión demanial ou un contrato de servizo público. Así, os populares manifestaron a súa preocupación porque se faga un control político do centro cando os políticos non teñen o coñecemento axeitado para asumir ese traballo”.
























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



