BURELA (FNC) .- Celebrouse no Centro de Formación Ocupacional de Burela unha conferencia-seminario sobre importancia das TIC na dinamización de negocios. Foi organizado e impartido por Academia Postal en colaboración do departamento de Emprego do Concello de Burela. En total participaron 12 persoas, ás que lles deron a oportunidade de coñecer as principais posibilidades, ferramentas e beneficios que as novas tecnoloxías poden proporcionar ás PEMES e microempresas no entorno de Burela. Todos os asistentes recibiron unha axenda e un bolígrafo e nos vindeiros días seralles enviado un diploma oficial acreditativo.
Acto sobre a importancia das TIC na dinamización de negocios
Acto sobre a importancia das TIC na dinamización de negocios
Relacionado
-
O Bloque volve reclamar no Parlamento a intervención pública de Alcoa e que a Xunta participe na operación con capital propio
-
O PPdeG critica que o BNG rachara no Parlamento galego o acordo acadado no Congreso solicitando a intervención pública e temporal de Alcoa
-
Os socialistas da Pontenova urxen á Xunta que dote de persoal ao centro de saúde da localidade, onde só atende un médico