Dende pouco antes da chegada do aznarato, aló polos noventa, foi abrollando unha liña de opinión publicada que cualificaba os actos de violencia en razón da súa intencionalidade política. Mais aínda, que defende, polo menos implicítamente, distintas respostas sociais e xurídicas a esta caste de violencia, segundo de onde veña. As organizacións Frente Atlético e UltraSur defenden ideas de extrema dereita, moi agresivas cos galegos, vascos e cataláns que non asumen o dogma da unidade de España. Un extremista atlético matou ao realista Aitor Zabaleta no 1998 e outros da mesma corda a Jimmy no 2014.
Cúmprense dous anos do asasinato de Jimmy no Manzanares coas pescudas xudiciais atoadas. O xuiz instrutor e o Ministerio Fiscal cualifican só a desputa tumultuaria e arestora non existen acusados do asasinato. As persoas acusadas de primeiras, que chegaron entrar preventivamente no cárcere, están en liberdade e só a acusación particular mantén a cualificación de asasinato, malia a calidade e intensidade da probas existentes. A prensa madrileña segue a manter equidistancia, cando non certa parcialidade, como se os da casa fosen uns rapaces trabucados e os Riazor Blues uns perigosos terroristas. Por outra banda, dos sesenta expedientados pola Delegación do Goberno pola desputa son case todos seareiros do Dépor.
Contrasta esta actitude coa diferenza da intensidade na actuación no caso da agresión aos gardas civís de Alsasua e ás súas parellas. Sen dúbida un feito delictivo brutal, que ha ser severamente sancionado. Mais nunca un acto de terrorismo. A imputación dos feitos como acto de terrorismo permitiu que fose competente un dos Xulgados de Instrución da Audiencia Nacional, que acordou prisión preventiva para seis dos oito investigados. A Audiencia Nacional é unha xurisdición especial que vulnera o dereito constitucional de todas as persoas a seren xulgados polos seus xuices naturais. No caso destas persoas os xuices de Navarra. O Goberno navarro e o PNV cualificaron esta actuación de gravemente desproporcionada.
Sectores importantes das elites políticas, funcionariais e mediáticas incorporaron xa ao seu sistema de valores que toda persoa ou organización que non asuma o dogma da España única é distinta e mesmo sospeitosa, invertindo con eles a carga da proba, en clara aplicación da lei do funil.
Xoán Antón Pérez Lema




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



