Ribadeo, 14 de decembro de 2016. O equipo de goberno someterá a aprobación en pleno extraordinario o vindeiro martes, 20 de decembro, o proxecto de orzamento municipal para 2017, segundo deu a coñecer este mércores o alcalde, Fernando Suárez. O presuposto, que ascenderá a 8.772.000 euros, pasará mañá polas comisións informativas correspondentes. Segundo subliña o rexedor increméntase a partida destinada a gasto social e tamén os investimentos a realizar en rúas e camiños rurais.
Suárez Barcia dixo que “este ano queremos tamén aprobar agora o orzamento municipal para 2017. Querémolo facer en tempo e forma, precisamente no 2016, porque este presuposto para o ano que ven queremos que empece a dar os seus froitos desde principios de 2017”.
O alcalde ribadense sinalou que “hai inversións municipais que necesitan que os orzamentos estean aprobados de xeito definitivo, como pode ser a licitación do mobiliario da residencia de maiores de Ribadeo, a demolición das antigas vivendas de profesores alí ao pé da residencia, tal e como quedamos. Todas estas actuacións, aínda que teñen unha parte de financiamento externo, neste caso da Deputación, si que hai unha parte de financiamento municipal que require dos orzamentos aprobados”.
O rexedor explicou que “sacamos este proxecto de orzamentos que continúa coa senda destes últimos anos. Aínda que en cifras é algo inferior ao último, o orzamento total ascende a 8.772.000 euros, algo menos que o de 2016, porque debemos ter en conta que o ano pasado había unhas partidas moi importantes para a construción da residencia de maiores, e que agora para o seu equipamento non son tan notables”.
Fernando Suárez seguiu a relatar que “sacada a inversión da residencia prodúcese dentro destas cifras un aumento de investimentos se o consideramos en relación a exercicios anteriores, sobre todo en rúas e en camiños rurais. En rúas, en urbanización e pavimentación, e en camiños rurais, en asfaltados, soben aproximadamente un 40% con respecto ao ano anterior estas partidas. E dentro do gasto corrente hai tamén un incremento do gasto social, sobre todo no que ten que ver coa atención aos servizos de axuda no fogar tanto na súa modalidade de prestación básica como na de dependencia. Ao mesmo tempo están contemplados a cobertura de todos os servizos”.
Para o alcalde “este é un presuposto realista e contido. Moitas veces nas partidas de ingresos non somos demasiado optimistas porque nunca se sabe cómo vai acabar o ano. Queremos ser prudentes á hora de confeccionar os orzamentos e que logo ao longo de ano dea cabida para toda a inversión que temos previsto para levar adiante”.
Imposto de bens inmobles
Nas comisións informativas que se celebrarán mañá, previas ao pleno extraordinario do vindeiro martes, “outro dos puntos que trataremos é levar adiante aquilo que ten que ver co IBI, co que ten que ver co imposto de bens inmobles, co que ten que ver coa contribución urbana, que é a máis importante. Se ben víamos nos medios de comunicación que hai uns días o goberno do Estado di que hai unha serie de concellos, entre os que está Ribadeo, que teñen unha ponencia de valores moi antiga, como é a deste concello que é de finais dos anos 80, e que nestes concellos lles aplicaría unha suba do valor catastral do 8%, nosoutros como xa dixemos que non queremos subir o IBI… para o ano 2017 imos levar unha baixa no tipo que se vai aplicar a ese valor catastral, da mesma equivalencia, é dicir do 8%”.
Suárez Barcia subliñou que “deste xeito se neste ano 2016 estaba no 0´73, agora aplicando a baixada equivalente baixará o 0´67, polo tanto na multiplicación das dúas variables o resultado será que para o ano 2017 non vai haber o incremento do 8% que pretendía o goberno do Estado. Sabemos que isto ao ingresar menos tamén reduce as posibilidades de inversión, pero cremos que non é o momento adecuado para subir o IBI, e preferimos axustar doutra maneira outros servizos e inversións. Pero nos orzamentos municipais para o ano 2017 confiamos en levar adiante unha boa parte de actuacións e de inversións, sen prexuízo de que outras administracións como a Xunta de Galicia, á que ultimamente non se lle ve moito por aquí desgraciadamente, poida botarnos unha mao coas súas inversións tan necesarias e demandadas como a residencia, os saneamentos, abastecementos de auga, pavimentación de rúas, o remozado do xulgado de paz, etc… Pero o camiño é longo e seguramente poidamos ter momentos de encontro, sen dúbida”.























A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



