Lugo, 15 de decembro de 2016.- A Consellería de Política Social investiu nos últimos meses 419.508 euros en traballos de reforma e adquisición de equipamento para mellorar as dotacións das residencias da terceira idade que xestiona en Lugo, Burela e Monforte de Lemos.
O delegado territorial, José Manuel Balseiro, desprazouse este xoves ata a residencia da Milagrosa, na capital, onde se realizaron diversas reformas e se instalou un parque biosaudable, e destacou que o obxectivo destas melloras “é prestar unha atención de calidade que garanta o benestar dos usuarios ao tempo que se facilita o traballo do persoal”.
Neste centro renovouse a pintura de todas as dependencias e realizáronse obras de reforma e ampliación da lavandería para a inclusión dunha calandra téxtil de pasar o ferro; tamén se adquiriu novo mobiliario de cociña, lavalouzas, un deshumidificador ou unha envasadora.
No exterior instaláronse aparellos de ximnasia para que os residentes disfruten dun parque biosaudable ao aire libre sen necesidade de saír do recinto. En conxunto, os traballos realizados na residencia da Milagrosa suman 63.952,86 euros.
A Consellería de Política Social impulsou tamén melloras na residencia das Gándaras (Lugo), entre as que destaca a redistribución do sistema de auga quente sanitaria, obras próximas a rematar e que culminarán a renovación do sistema de tubaxe iniciado o pasado ano. Tamén se executaron arranxos no aparcamento, no tellado e nos portalóns e se repintaron algunhas dependencias, ademais de adquirir novo equipamento e mobiliario.
Igualmente, abordáronse obras de pintura, reformas no tellado e mellora de rodamentos e pavimentos na residencia de Burela, para a que tamén se adquiriu material médico, mobiliario, televisións, estanterías e outro equipamento.
Por último, na residencia de Monforte de Lemos executáronse obras en baños e contrafiestras, entre outras, e comprouse diverso mobiliario.
José Manuel Balseiro aproveitou para coñecer de primeira man o funcionamento da residencia e as distintas prestacións que ofrece. Ao respecto, destacou que a oferta de servizos incide moi especialmente na promoción da autonomía de persoas e no envellecemento activo e saudable para loitar conta o posible deterioro físico ou cognitivo asociado á idade.
O delegado lembrou que a Xunta está elaborando a Estratexia Galega de Envellecemento Activo desde a Innovación 2016-2020 (ESGAEN) “para posicionar á nosa comunidade como referente no eido do envellecemento activo e saudable desde unha perspectiva centrada nas persoas”.






















A celebración está organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e conta co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.



