O Titular Provincial, Darío Campos Conde, presidiu este xoves en Lugo, acompañado da Deputada de Medio Ambiente, Sonsoles López Izquierdo, os órganos de xestión da Reserva da Biosfera Terras do Miño. Na reunión, acordouse a celebración dunhas xornadas técnicas para estudar o impacto ambiental e económico da proliferación de plantacións de eucalipto na Reserva da Biosfera, un fenómeno que está en aumento nos últimos anos e que ameaza con crebar o equilibrio ecolóxico dos montes lucenses.
López Izquierdo apostou por desenvolver nos Concellos da Biosfera Terras do Miño unha programación específica de accións que aborden e política forestal, a sensibilización sobre os efectos nocivos do eucalipto nos recursos hídricos e a proposta de alternativas económicas a este cultivo. Así, anunciouse a posta en marcha de actividades de formación para profesionalizar a plantación de soutos de castiñeiros e outras especies arbóreas, que permiten un aproveitamento económico máis sustentable e mesmo máis rendible ca o eucalipto.
Esta decisión foi tomada logo das intervencións de alcaldes, representantes de asociacións ecoloxistas e técnicos da Universidade de Santiago de Compostela, no que amosaron a súa preocupación pola progresiva substitución dos bosques autóctonos de Lugo por monocultivos de eucalipto. Neste senso, o Órgano de Participación de Terras do Miño aprobou reclamarlle á Xunta de Galicia a protección do ecosistema do Pedregal de Irimia, o enclave no que ten a súa orixe o río Miño e que se atopa en perigo de degradación.
Apoio á protección do Pedregal de Irimia
O órgano de participación de Reserva da Biosfera Terras do Miño vén de sumarse á campaña a prol da conservación do Pedregal de Irimia.
Situado na serra de Meira, o Pedregal de Irimia é un enclave hidrográfico de especial valor cultural, paisaxístico e xeomorfolóxico, que se atopa ameazado pola plantación de eucaliptais na súa contorna.
Outros asuntos
Ademais destas iniciativas, no encontro do órgano de participación tamén se presentou a programación de actividades que se desenvolverán no 2017 nos centros educativos dos concellos que compoñen a Biosfera Terras do Miño. Asemade, acordouse estudar a posibilidade de dedicar unha zona da Granxa Gayoso Castro, dependente da Deputación, á nidificación do mazarico real, unha especie de ave en perigo de extinción.
Tamén afondaron nos proxectos presentados á convocatoria Life 2016, aínda pendente de resolución, e a memoria anual do 2016, na que destaca un aumento significativo das actividades organizadas polo Centro de Interpretación das Terras do Miño.
Participantes
O encontro do órgano de participación de Terras de Miño contou coa asistencia de representantes de 27 entidades institucionais e sociais da provincia. A Deputada de Medio Ambiente, Sonsoles López, destacou o alto grao de implicación social que rexistra este foro e que é resultado dos esforzos da Deputación por implicar ás comunidades locais na xestión do seu territorio, e cuxa maior demostración foi a creación do propio órgano participativo. Na reunión participaron as seguintes persoas:
– Darío Campos Conde, Presidente da Deputación de Lugo
– Sonsoles López Izquierdo, Deputada de Medio Ambiente
– Catalina Iglesias Seivane, Técnico representante do Concello de A Pastoriza
– Xosé María López Rancaño, Alcalde de Abadín
– Jorge Val Díaz, Alcalde do Concello de Alfoz
– José Ulla Rocha, Alcalde do Concello de Begonte
– Xosé María Fernández Arias, Alcalde de Castroverde
– Laura Ageitos Miragalla, 1ª Tte. de Alcalde do Concello de Guitiriz
– María Elena Martínez Castro, Concelleira do Concello de Guntín
– Ángeles Rodríguez Rico, Concelleira do Concello de Mondoñedo
– Mario Rouco Rey, 2º Tte. de Alcalde do Concello de Muras
– José Antonio Ferreiro González, Alcalde do Concello de O Corgo
– Edmundo Maseda Maseda, Alcalde de O Valadouro
– Gloria Trigo Mayor, Arquitecto representante do Concello de Outeiro de Rei
– Sonia Cervantes Rivas, representante do Concello de Pol
– Clemente Iglesias González, Alcalde do Concello de Riotorto
– Amador Guerra Ramil, Concelleiro do Concello de Vilalba
– Roberto García Pernas, Alcalde do Concello de Xermade
– Adela Figueroa e Montserrat Lombardía, da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA)
– Josefa Iglesias García, da Xunta local de Guitiriz da Asociación Española contra o cancro
– Martiño Cabana e Óscar Rivas, da Asociación Galega de Custodia do Territorio
– Manuel Muñíz Besteiro e Adolfo López Marín, da Asociación Cultural de Amigos do Patrimonio de Castroverde
– Patricia Fouce Rodríguez, da Asociación Revolta Natural
– Julián Alonso Díaz, da Sociedade Micolóxica Lucus
– David Díaz Losada, da Asociación de Desenvolvemento comarcal da Terra Cha
– María Eugenia Gasalla Valle, Xefa do Servizo de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia
– Fernando Planas Roca, Técnico da Deputación de Lugo
– Jesús Domínguez Conde, Técnico do Dpto. de Bioloxía Animal da Facultade de Bioloxía da USC.
Reservas da Biosfera
As Reservas da Biosfera son áreas de ecosistemas terrestres, costeiros ou mariños nas que se promove a investigación, a educación ambiental e a sensibilización cidadá. As Reservas, promovidas pola Unesco, conxugan a conservación dos recursos naturais co desenvolvemento económico e social das comunidades locais. En Galicia existen seis reservas, das que dúas se atopan na provincia lucense, Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá e Terras do Miño. Esta última agrupa 26 concellos.






















A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
Os senadores do PP por Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, xunto co portavoz de Interior do Grupo Parlamentario Popular no Senado, Luis Santamaría, mantiveron unha reunión no Senado con representantes da Asociación Española de Gardias Civís na provincia de Lugo, que lles trasladaron as principais reivindicacións do colectivo e analizaron os problemas e necesidades que afectan á Garda Civil na provincia.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



