A plantilla de traballadores e traballadoras de Costiña S.L. decidiu, en asemblea, comezar mobilizacións polas débedas e os continuos retrasos nos pagos que a empresa vai acumulando dende hai xa dous anos. A orixe do problema ven cando nun momento especialmente delicado, a empresa decide, unilateralmente, fraccionar o pago das nóminas en dúas veces. Pero o que ía ser unha medida coxuntural e momentánea para facer frente a ese delicado momento, estase convertendo nunha costume rutinaria que leva demasiado tempo instalada sen que a empresa amose a máis mínima intención de retomar a normalidade nese senso. E, por outra parte, a maiores, eses pagos fraccionados cada vez acumulan máis retraso de tal xeito que a primeira metade da nómina pásase ao redor do día 20 de cada mes, impedindo facer frente ás obrigas con bancos, recibos de servizos domiciliados etc que non agardan nin entenden ningún tipo de situación por difícil que sexa.
No pasado mes de setembro, nunha reunión coa representación dos traballadores, a dirección da empresa comprometeuse a normalizar a situación dos pagos a partir do mes de xaneiro e mentres, de forma transitoria, abonar no que quedaba de ano a segunda parte da soldada de cada mes antes do día 25 do mes seguinte e dividir a extra de verán en catro prazos percibindo ese 25% da extra antes do día 8 de cada mes. Pois a día de hoxe en ningún caso se cumpliron estes prazos cobrando a plantilla a segunda metade da nómina de outubro nos primeiros días do mes de decembro e vendo como o que ían ser catro prazos dun 25% da extra de verán se convertiron unilateralmente en 5 prazos dun 20%. Ademais xa se lle adiantou ao comité de empresa que a promesa de normalizar pagos a partir de xaneiro non se ía poder cumplir nin nas nóminas de cada mes nin na extra de Nadal que tamén se adebeda.
Alfoz 28-12-16. En definitiva que ademais dos continuos retrasos nos pagos, das promesas incumpridas, e da incertidume de non saber cando se vai cobrar, a día de hoxe a débeda elévase xa ao 60% da extra de verán, o 100% da extra de Nadal e o 50% da nómina de novembro polo que a situación dos traballadores comeza a ser insostible, nunhas datas ademais especialmente delicadas . Cómpre lembrar tamén que o convenio colectivo de empresa leva sen negociarse dende 2014 polo que dende ese ano de facto a plantilla xa viu conxelado o seu salario.
O curioso do caso é que a empresa tén carga de traballo, ata o punto que está obrigando a traballadores a traballar en sábado e está contratando máis persoal sobre todo nun e noutro caso persoal de ETTs.
Os representantes dos traballadores mantiveron xa en reiteradas ocasións contactos coa empresa para tratar de buscar unha solución sen que se vira ningunha vontade por parte da mesma para poñer fin a esta situación.
E é por isto, que se viron na obriga de convocar unha asamblea na que a plantilla decidiu denunciar públicamente esta situación e iniciar mobilizacións que se concretarán e anunciarán debidamente unha vez rematen as festas de nadal.
COMITÉ DE EMPRESA COSTIÑA S.L.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



